miércoles, 18 de mayo de 2022

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO MANEXO DE DRONS

        Outra das actividades propostas para a Semana Cultural polo Club de Ciencia foi a do obradoiro de Iniciación de manexo de drons impartido por Óscar Rey, profesor do Departamento de Informática e dirixido ao alumnado de 1º curso de Ciclo Medio. 

    Comezouse explicando a normativa que rodea o voo de drons e analizando as características máis importante deste tipo de aeronaves. Tamén tiveron a oportunidade de ver unha simulación de voo a mans do relator, utilizando o dron do instituto DJI Mini 2; a continuación foron os propios alumnos os que probaron a súa destreza pilotándoo e hai que recoñecer que non o fixeron nada mal!

No hay comentarios:

Publicar un comentario