miércoles, 18 de mayo de 2022

 

O CULTIVO E A CONSERVACIÓN DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS

O Club de Ciencia inaugurou as actividades propostas para a Semana Cultural en 1º da ESO coa investigadora Nieves del Pilar Vidal González. Esta Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC onde desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) desenvolveu ante un interesado público a ponencia A Biotecnoloxía e os bosques que versou sobre os seus temas de investigación relacionados co cultivo e conservación de especies arbóreas autóctonas. Explicou entre outras cousas como se desenvolve un cultivo en in vitro, a importancia de escoller as especies arborícolas, a preparación da substancia nutriente agar, o cultivo do castiñeiro, carballo ou sobreira en biorreactores,  o cultivo en condicións fotoautotróficas ou  o proceso de aclimatación.

Resultou unha charla moi didáctica, amena e sorprendente e algúns/algunhas dos/das alumnos/as saíron con ganas de realizar a plantación dunha árbore cultivada por si mesmos/as.


No hay comentarios:

Publicar un comentario