jueves, 19 de mayo de 2022

 

HÁBITOS SAUDABLES NA ALIMENTACIÓN

             Noa Vázquez, Asesora nutricional, foi a encargada de dar un obradoiro sobre hábitos saudables na alimentación ao alumnado de 2º da ESO.

            Segundo Noa achegaba información sobre como debería ser unha correcta alimentación (menos cantidade de orixe animal, mestura de cereais con legumes, consumo de cereais integrais, evitar as comidas elaboradas con graxas creadas no laboratorio e incorporar graxas sans, inxerir alimentos frescos...) o alumnado tiña que ir creando a súa propia pauta nutricional para unha semana seguindo as orientacións que a relatora lles ía dando. Amosou a súa planificación semanal para que lles servise de modelo.

            Para finalizar compartiu varias receitas sans e orixinais: barriñas de muesli, brownie de garavanzos, sopa de quinoa e cabaza, porridge e, torta de agar-agar e froitas.

            Todo o alumnado saíu coa súa pauta nutricional personalizada e adaptada aos gustos de cada un/unha para unha semana e, ademais con receitas que poden preparar na casa e así sorprender a súa familia con alimentos innovadores e sans ao mesmo tempo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario