CLUB DE CIENCIA MAXIMINO ROMERO DE LEMA

miércoles, 21 de junio de 2023

Coñecendo as árbores do noso bosque

 

 
    A última actividade do Club de Ciencias deste curso académico foi a realizada polo alumnado de 1ºESO no bosque do noso Centro. Realizaron un percorrido polo mesmo observando as árbores; cos móbiles ían recollendo a información nos códigos QR dos 20 paneis informativos que hai e nos que ademais do código QR tamén consta o nome científico e en galego da árbores, e unha ilustración da árbore en cuestión. O alumnado tiña que responder un cuestionario elaborado dende o Club de Ciencia. Cos móbiles accederon a información máis detallada sobre cada unha das árbores, os seus usos e a poemas que lle dedicaron escritores galegos.   
Unha actividade que lles obriga a fixarse na natureza da contorna e que resulta amena e pedagóxica.
at junio 21, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: Aprendendo a distinguir árbores

lunes, 19 de junio de 2023

Clausura e entrega de diplomas

 

Hoxe 19 de xuño despedimos o curso académico no Club de Ciencia compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos Diplomas de Aproveitamento do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foron as profesoras Begoña e Luchy as encargadas de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia. 

Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!

at junio 19, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: Clausura do Club de Ciencia. Diplomas

viernes, 16 de junio de 2023

CIQUS. Museo de Historia Natural

          Hoxe o alumnado de 4º ESO e o de FPBI tiveron unha xornada intensa visitando o CIQUS e o Museo de Historia Natural en Santiago de Compostela. Na visita ao CIQUS puideron coñecer onde traballan os investigadores e os equipos que utilizan para as súas investigacións científicas. Ademais fixéronlles unha exhibición de reaccións químicas moi interesantes coma, por exemplo, a formación de polímeros como o nylon ou de “blandiblú” ou slime. No Museo de Historia Natural o alumando superou o reto de identificar os animais que lles propuxeron coa axuda dun formulario de preguntas. Tamén a través da visita guiada, aprenderon sobre a biodiversidade e os minerais e rochas presentes na natureza.
  Unha xornada moi amena e didáctica que todos e todas gozaron.


at junio 16, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: CIQUS. Museo Natural de Historia Santiago de Compostela

miércoles, 14 de junio de 2023

Recreos científicos

             Unha forma de promocionar o Club de Ciencias é continuar nos recreos con actividades que se realizan nas xuntanzas dos luns. Por este motivo durante varios recreos do último mes integrantes do Club continuaron traballando coa resina para amosarlles ao resto do alumnado o divertido á vez que pedagóxico é pertencer ao Club de Ciencias!

at junio 14, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: Recreos científicos

lunes, 12 de junio de 2023

Taller de imaxes 3D

        Hoxe luns na reunión do Club de Ciencia o alumnado tivo a oportunidade de participar nun taller de imaxes 3D. Primeiro visualizaron vídeos con imaxes 3D e utilizando as súas gafas 3D e despois crearon imaxes 3D a partir de fotografías. Encantoulles a actividades a todos e todas!


at junio 12, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: Imaxe 3D

Taboleiro Matemático. Anaglifos

 

     Despedimos o taboleiro matemático con anaglifos: imaxes de dúas dimensións capaces de provocar un efecto tridimensional cando se ven con lentes especiais (lentes de cor diferente para cada ollo). Baséase no fenómeno da visión binocular e foi patentado por Louis Ducos du Hauron no 1891. As imaxes de anagrifo compóñense de dúas capas de cor superimpostas pero movidas lixeiramente unha con respecto á outra para producir o efecto de profundidade. Usualmente, o obxecto principal está no centro, mentres que a de arredor e o fondo están movidos lateralmente en direccións opostas. A imaxe contén dúas imaxes filtradas por color, unha para cada ollo. Cando se ve a través das gafas anaglifo, revelarase unha imaxe tridimensional. A corteza visual do cerebro fusiona isto dentro da percepción dunha escena con profundidade.

at junio 12, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Labels: Anaglifos

viernes, 2 de junio de 2023

Proxecto Maximeter

  

 
MAKER FAIRE GALICIA!

        Unha edición máis participamos nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia, celebradas na Cidade da Cultura (Santiago) hoxe pola mañá. En representación do centro acudiu alumnado de 1º curso do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, acompañados polo profesorado Marta Diz, Fina Paulos e Óscar Rey. O alumnado encargouse de explicar o proxecto aos asistentes. Un traballo fantástico, parabéns para Marcos Castro, Daniel Dopazo, Adrián Negreira e Cristina Rial.

        Seguimos traballando en proxectos de utilidade na nosa vida cotiá, no eido persoal e laboral. Nesta edición presentamos o proxecto Maximeter, un sistema centralizado para a medición de condicións climáticas nun espazo físico, por exemplo un invernadoiro. O proxecto conta cunha aplicación web onde poder consultar en tempo real as condicións atmosféricas, así como as medicións históricas.

        O dispositivo presentado xa ten destinatario, o Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos. No vindeiro curso, acudiremos co alumando a coñecer o centro e deixar instalado o Maximeter para que poidan controlar a temperatura, humidade e presión atmosférica no seu invernadoiro.

        O proxecto desenvólvese dentro do Club de Ciencia, encaixa dentro das liñas de traballo do centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado. 

    O proxecto tivo boa acollida, hai máis centros interesados en contar cun Maximeter ;).

Somos makers!

at junio 02, 2023 No hay comentarios:
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a: Entradas (Atom)

Buscar este blog

Datos personales

Baiociencias
Ver todo mi perfil

Archivo del blog

  • junio 2025 (3)
  • mayo 2025 (11)
  • abril 2025 (3)
  • marzo 2025 (13)
  • febrero 2025 (6)
  • enero 2025 (2)
  • diciembre 2024 (4)
  • noviembre 2024 (17)
  • octubre 2024 (17)
  • junio 2024 (6)
  • mayo 2024 (11)
  • abril 2024 (4)
  • marzo 2024 (5)
  • febrero 2024 (2)
  • enero 2024 (1)
  • diciembre 2023 (5)
  • noviembre 2023 (9)
  • octubre 2023 (14)
  • septiembre 2023 (2)
  • junio 2023 (7)
  • mayo 2023 (8)
  • abril 2023 (4)
  • marzo 2023 (7)
  • febrero 2023 (7)
  • enero 2023 (3)
  • diciembre 2022 (8)
  • noviembre 2022 (5)
  • octubre 2022 (4)
  • septiembre 2022 (1)
  • junio 2022 (6)
  • mayo 2022 (15)
  • abril 2022 (4)
  • marzo 2022 (6)
  • febrero 2022 (7)
  • enero 2022 (3)
  • diciembre 2021 (11)
  • noviembre 2021 (26)
  • octubre 2021 (8)
  • junio 2021 (11)
  • mayo 2021 (11)
  • abril 2021 (4)
  • marzo 2021 (5)
  • febrero 2021 (3)
  • enero 2021 (8)
  • diciembre 2020 (13)
  • noviembre 2020 (11)

Etiquetas

  • #DígochoEu. Divulgación en galego.
  • ´DígochoEu
  • 2º Oportunidade cans. Adoptar cans:
  • A maxia da Química
  • Adopción de cans
  • Agricultura circular
  • Alimentación saudable
  • Alimentación saudable e substentable
  • Alimentación saudable subtentable
  • Alimentación. Alimentación e medio ambiente
  • Alimentación. Rendemento académica
  • Alimentación.Por unha alimentación sostible e saudable
  • Alimentación.Por unha alimentación sostible e saudable. Coidado do medio ambiente
  • Alimentos. Colesterol. Bebidas isotónicas
  • Anaglifos
  • Análise CO2 nas aulas. COVID
  • Aprendendo a distinguir árbores
  • Árbores científicas
  • Artesanía con epoxi. Papiroflexia
  • Astrónomas Vocacións científicas. Visibilización de mulleres científicas Josefina Ling
  • Astronomía
  • Astronomía. Observación de manchas solares
  • Astronomía. Planisferio celeste
  • Cámara estenopeica. Fotografía
  • Cambio climático
  • Cambio climático xeolóxico Mes Ciencia en Galego
  • Cambio climático.
  • Cans de rescate.
  • Charlas divulgativas Física. Universo. Buraco negro
  • Charlas divulgativas. Cerebro
  • Cianotopia. Fotografía
  • Ciencia e cine
  • Ciencia e pracer.
  • Ciencia en francés
  • Ciencia en galego. Pandemia. Sonia Villapol.
  • Ciencia na rúa
  • CIQUS. Museo Natural de Historia Santiago de Compostela
  • Clausura do Club de Ciencia. Diplomas
  • Club de Ciencia
  • Cociña molecular
  • Coidado do medio ambiente.
  • compostaxe
  • Contaminación lumínica
  • Contaminación lumínica Mes Ciencia en Galego
  • Contaminación mariña. Ecoloxía
  • Contaminación mariña. Ecoloxía Plásticos nos océanos
  • Contaminación. Ecoloxía
  • Día da Ciencia en Galego.Ciencia e poesía
  • Día da Muller e a Nena na Ciencia. Árbores autóctonas
  • Día da Muller e a Nena na Ciencia. Cartel de mulleres matemáticas
  • Día da Muller e a Nena na Ciencia. Conferencia Formigón reciclado
  • Día da Muller e a Nena na Ciencia. Mulleres científicas
  • Día Internacional da Muller
  • Disección de corazón
  • Diseccións
  • Divulgación científica Referentes femininos
  • Doazóns e transplantes
  • Dragón de Gadner. Ilusión óptica
  • Drons
  • Economía circular
  • Educación ambiental. Ceida
  • Educación ambiental. Fragas do Eume.
  • Entrega de Diplomas 2022
  • Estudo reprodución de plantas
  • Estudo reprodución de plantas.
  • Experimento
  • Experimentos. A Maxia da Ciencia
  • Exposición de aves mariñas.
  • Exposición. Astronomía. Vocacións científivas. Visibilización da muller na Ciencia
  • Feira Científica
  • Feira matemática
  • fertilizante
  • Física das partículas. IGFAE
  • Fonte de Heron. Reciclaxe.
  • Fotografía matemática
  • Fotografía matemática. Premio
  • Fotografía vermes
  • Fotografías matemáticas
  • Galiña de Mos
  • Galiña de Mos Mes Ciencia en Galego
  • gandería sostenibilidade medioambiental
  • Granxa circular
  • Historia das Matemáticas
  • I RETO SOLUCIÓN. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • II RETO SOLUCIÓN. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • II RETO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • III RETO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • Ilusións ópticas
  • Imaxe 3D
  • Inauguración Club
  • Incubación da Galiña de Mos
  • Intelixencia artificial responsable Conferencia
  • IV Reto científico. Mes da Ciencia en Galego.
  • Juan Gestal. Conferencia. COVID-19
  • Lixo mariño. Ceida
  • Maker Faire
  • Matemaxia
  • Medidor do brillo do ceo nocturno Mes Ciencia en Galego
  • Mes Ciencia en Galego
  • Mulleres científicas. Día Internacional da Muller. Referentes femininos.
  • Mulleres Galegas na Tecnoloxía
  • Nadal de aproveitamento. Reciclaxe de alimentos. Contra os residuos alimentarios.
  • Natureza e poesía
  • Neve artificial. Vinagre e neve artificial
  • O lobo. Francisco Lema
  • Obradoiro de xogos de mesa reciclados.
  • Obradoiro. Lapis de labios
  • Obradoiro. Lapis de labios. Bonecos de neve. Tamgrams. Papiroflexia.
  • obradoiros
  • Observación natureza. Fotografía
  • Origami: corazóns namorados
  • Pegada 0 na alimentación
  • Penedos da Costa da Morte
  • Percorrido didáctico polo noso bosque. Coñecendo as árbores do Centro.
  • Perfumes. Marcapáxinas
  • Pesca. Muller do rural. Redeiras. Mariscadoras
  • pH natural
  • Planetario. Astronomía
  • Proxecto avícola. Poliños
  • proxecto.
  • Pseudociencia
  • pulmón e fígado
  • Reacción química
  • Reciclaxe
  • Reciclaxe de papel.
  • Reciclaxe pilas. Concurso Pilabot
  • Reciclaxe téxtil
  • Reciclaxe. Coche propulsado por aire
  • Reciclaxe. As 3R
  • Reciclaxe. As 7R
  • Reciclaxe. Ecoloxía. Cambio climático
  • Reciclaxe. Ecoloxía. Cambio climático. Cosmética
  • Reciclaxe. Ecoloxía. Papel de periódico.
  • Reciclaxe. Ecoloxía. Pilas
  • Reciclaxe. Ecoloxía.Cambio climático.
  • Reciclaxe. Lapiseiro
  • Reciclaxe. Origami
  • Reciclaxe. Pilas. Ecoloxía. coidado medio ambiente
  • Recreos científicos
  • Recreos científicos.
  • Recreos matemáticos
  • Referentes femininos en Ciencia. Perspectiva de xénero na Ciencia
  • Relato de ciencia ficción. Divulgación científica
  • Reto científico
  • Retos Científicos. Mes da Ciencia en Galego
  • Retos GeneraciónECO
  • Retos GeneraciónECO 1
  • Retos GeneraciónECO 1 Experimento con vidro
  • Retos GeneraciónECO1 Reciclaxe de vidro
  • Retos GeneraciónECO3 Alimentación sostible e saudable
  • Robótica. Obradoiro
  • Sogama Reciclaxe Mes Ciencia en Galego
  • Sólidos platónicos
  • SOLUCIÓN IV RETO CIENTÍFICO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • Solución V reto científico
  • Solución VI reto científico
  • Sotavento Mes Ciencia en Galego
  • Taboleiro matemático
  • Taller de reciclaxe tecnolóxico
  • Talleres micófilos
  • Teatro H2 Oh! Divulgación científica
  • Teresa López. Papiroflexia.
  • Termos tecnolóxicos
  • Termos tecnolóxicos. DígocheEu
  • Terror matemático
  • ventilacion
  • Ventilación nas aulas. Estudo estatístico
  • VI RETO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
  • VII Reto científico. Mes da Ciencia en Galego
  • Visibilizar científicas. Día Internacional da Muller
  • Xadrez
  • Xerminación
  • Xurxo Mariño. Conferencia.

Denunciar abuso

  • Inicio
CC BY-SA-NC. Tema Fantástico, S.A.. Con la tecnología de Blogger.