O pasado venres, 6 de outubro, 1º ESO participou na XII Limpeza Simultánea de Praias convocada por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O noso alumnado acudiu ao areal de Traba para recoller lixo e así concienciarse sobre a contaminación mariña. Fixeron unha boa colleita de refugallos, sobre todo, de plásticos tan daniños para as nosas costas.
Nesta xornada de voluntariado ambiental estaban chamados a participar centros de ensino, escolas de surf e mergullo, club de piragüismo e vela, pescadores, mariscadoras e entidades de todo tipo de Galicia, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares. Todo é pouco para denunciar esta problemática ambiental e evitar que as nosas praias se convertan en illas de plásticos que contaminan o océano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario