Alumnado de 3ºESO e 1º FPB visitou esta mañá no concello de Oza-Cesuras as instalacións de Labrecos, unha granxa galega que produce de xeito natural e sostible, aproveitando os recursos propios e sen danar o medio.
Os irmáns Iván e Aitor fixéronos unha visita guiada por esta cooperativa que aposta polo cultivo de froiteiras e verduras, e a venda de carne de vacún e ovino en ecolóxico. Explicáronos como producen os seus propios abonos apostando así por un modelo rexenerativo e sostible e por non depender de insumos externos. Os excedentes da horta cómenos os animais e os animais dannos o abono necesarios para a horta co que se pecha o círculo.
Faláronnos das árbores autóctonas (con variedades de mazá que se conservaban ata un ano), de como utilizaban ocas, galiñas, patos ou para manter limpo o terreo e conseguir así ovos de calidade, da produción das súas propias sementes escollendo entre os mellores exemplares das plantas, do cultivo en bancais con corredores para camiñar polo medio, de cabaciñas, berenxenas, repolos, tomates, etc. Ata puidemos ver un galiñeiro móbil no que había unha galiña piñeira na que se están iniciando!
Oxalá este modelo de gandería e agricultura rexenerativa se estenda por todo o mundo xa que coida do campo, da economía rural, da sostenibilidade do planeta e, sobre todo, do que comemos.
Esta actividade inscríbese dentro programa Para unha transición ecolóxica organizado polo CEIDA. Parabéns por iniciativas deste tipo que nos sensibiliza sobre a soberania alimentaria que garanten unha alimentación segura, nutritiva, sa e de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario