jueves, 19 de octubre de 2023
Un medidor de contaminación lumínica no noso Centro
Hoxe, aproveitando a visita de
Víctor Tilver ao noso Centro (que realizou un traballo de concienciación da
contaminación lumínica co alumnado de 1º e 2º ESO), instalouse no IES
Maximino Romero de Lema un medidor de brillo de ceo nocturno en colaboración
coa Universidade da Coruña, que desenvolveu o proxecto para sacar o medidor
ao mercado, e o colectivo en transición Calidade do Ceo Nocturno, que a
través do seu presidente, coordina a colocación do medidor no centro e a
formación ao profesorado para incorporar á docencia o uso dos datos de brillo
do ceo co dobre obxectivo de avanzar tanto na avaliación por competencias como
na consecuención dos obxectivos da Axenda 2030.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario