Víctor Tilver, matemático membro do grupo de Calidade do Ceo Norturno, impartiu ao alumnado de 1º e 2º ESO, un obradoiro no que lles explicou o concepto de contaminación luminosa, as súas causas e as súas consecuencias. O brillo artificial do ceo nocturno non só impide que vexamos as estrelas, tamén afecta a numerosas especies nocturnas e pode ter consecuencias prexudiciais para a saúde humana.
Iluminar non sempre é o máis seguro se non se fai correctamente. A luz afecta ás relacións depredador-presa no medio salvaxe, afecta ós neonatos de tartarugas e aves mariñas diminuíndo a súa probabilidade de supervivencia, inhibe a segregación de melatonina e, por iso, o descanso efectivo durante a noite entre outras cousas. A popularidade da luz LED, lonxe de conseguir unha mellora da iluminación pública, está provocando o uso de luces brancas que aumentan a contaminación luminosa indirecta, ao mesmo tempo que crea un efecto rebote polo seu reducido custo que afonda no consumo enerxético excesivo co aumento da contaminación atmosférica e todo por non usar correctamente esta tecnoloxía.
É imprescindible para avanzar
no coidado do medioambiente e da saúde sensibilizarnos ante este tipo de
contaminación do aire, un problema en aumento nos últimos anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario