miércoles, 15 de mayo de 2024

PINGAS CIENTÍFICAS

TEATRO GHAZAFELHOS CON H2..OH!

         O teatro tamén chegou coa Semana Cultura da man do Club de Ciencia en colaboración co Equipo da Biblioteca coa compañía Ghazafelhos que representaron unha peza baseada no libro do mesmo título de María Canosa para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

H2..OH! é un laboratorio científico teatralizado, unha proposta de curiosidades científicas que experimentamos no noso día a día e moito, moito humor. A peza está protagonizada por María Canosa, unha divulgadora científica, e o matrimonio Curie, doutores en ciencia mundialmente coñecidos. 

Con extravagantes experimentos demostraron que os cascos protectores inventáronos os paxaros; por que a auga e o aceite non se mesturan; por que a torre Eiffel é máis alta no verán; como se alimentan as plantas; o funcionamento dos neutrinos; como se fai o formigón; que ósos destacan no esqueleto...

Moitas foron as pingas científicas que evidenciaron e sempre coa participación activa do público que gozou dende o comezo dun espectáculo teatral de calidade, moi lúdico e, á vez, didáctico.

Unha iniciativa moi interesante de divulgación científica para a rapazada máis pequena do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario