Puxeron a proba o coñecemento de nenos e nenas do uso dos colectores de diferentes cores, e para poñelo en práctica tiraron parte do lixo que xeraran na súa merenda en diferentes caldeiros. Tamén xogaron por quendas con máquinas Arcade para desenvolver habilidades na separación de residuos. Despois, equipados con lentes de realidade virtual, visualizaron un vídeo inmersivo 360º das instalacións que conforman o Complexo Medioambiental.
Finalmente, como non se pode acceder ao Complexo a pé por motivos de seguridade, fixeron unha visita guiada en autobús na que se repasou a funcionalidade de cada instalación. Pechouse a visita coa aclaración de dúbidas e coa entrega dun pequeno obsequio de lembranza para cada alumno/a.
Despedíronse satisfeitos porque foi unha visita moi dinámica na que a interacción e participación activa dos e das asistentes foi fundamental. Desexamos que se lograra reforzar a idea da importancia da separación de residuos dende o mesmo fogar para que despois en Sogama poidan ser máis eficientes na preparación de residuos listos para reciclar en distintas empresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario