DESCUBRINDO A TENSIÓN SUPERFICIAL
Hoxe, xoves 14 de novembro, o Club de Ciencia segue a realiza actividades científicas co gallo de celebrar o Mes da Ciencia en Galego.
Nesa ocasión imos ver unha manifestación da tensión superficial nunha pompa de xabón.
Para realizala práctica precisaremos dos seguintes materiais:
- Auga con xabón
- Catro palliñas de plástico (as biodegradables se acaban desfacendo coa auga).
- Fío (o máis lixeiro posible, xa que irá sobre a burbulla)
- Cubeta
Desenrolo:
- Enchemos a cubeta con auga e lle engadimos un tensioactivo (calquer deterxente para lavar mans ou loza). Remexemos ben.
- Conectamos as catro palliñas para que formen un cadrado/rectángulo.
- Atamos o fío e para que nos quede unha circunferencia. Lle recortamos as partes saíntes do nó.
- Sumerximos con coidado o cadrado na cubeta e o sacamos, vendo que se forma unha burbulla.
- Colocamos con moito coidado o fío enriba da burbulla, de forma que nos quede un oco que forma unha burbulla interior.
- Rompemos con coidado a burbulla interior ó fío e veremos coma se maximiza a superficie do fío formando unha circunferencia. por mor da tensión superficial.
Fundamento físico:
Cando rompemos a membrana interior ó fío desestabilizamos a burbulla. A membrana externa tentará minimizala súa superficie (minimizar a superficie implica minimizar a enerxía, que é o que busca o líquido), para o que exercerá unha forza uniforme ó longo de toda a lonxitude do fío ata que a tensión interior sexa igual á tensión exterior. O fío adoitará a forma xeométrica que minimice a área da membrana externa en contacto co aire, sendo está unha circunferencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario