O CLIMA MUDOU SEMPRE E SEGUIRÁ A MUDAR
Dentro das conferencias organizadas por IGACIENCIA neste XV Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 3º ESO e parte do de 4º puido escoitar a videoconferencia O cambiante planeta Terra impartida polo Catedrático de Xeografía Física Ad Honorem Augusto Pérez Alberti organizada pola Universidade de Vigo. Segundo o Catedrático o clima mudou sempre e seguirá a mudar. Outra cousa é o impacto humano que adquirira nos derradeiros séculos un papel fundamental nas mudanzas climáticas.
A cantidade de auga existente sempre é a mesma: o que muda é o seu estado: en xeo ou en auga líquido. Augusto Pérez Alberti centrouse en falar das mudanzas das que temos constancia ao longo do tempo xeolóxico; no Cenozoico, Cuaternario e no Holoceno e das pegadas que se poden ollar hoxe en día en Galicia.
Á rapazada gustoulle, aínda que recoñeceron que lles custaba máis seguir a charla do que sería se fose de xeito presencial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario