EXPERIENCIAS DE PAPIROFLEXIA: TENSIÓN SUPERFICIAL E CAPILARIDADE
O luns, 17de marzo, o alumnado do Club de Ciencia de 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato participou nun obradoiro de papiroflexia no que se fixeron diferentes experimentos. O primeiro con flores e estrelas de papel puideron aprender máis sobre a capilaridade que presenta as fibras do papel e como se van abrindo os petalos que se encontran pregados polo efecto da capilaridade. O seguinte experimento consistiu na creación dun foguete que fixeron voar polo efecto da presión do aire. para rematar estas experiencias tan interesantes e motivadoras, fixeron un barco de papel e puideron experimento coa tensión superficial da auga e como cunha gota de xabón rompe esa tensión liberando o barco que empeza a moverse só pola auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario