jueves, 13 de marzo de 2025

Ocultadas pero elementais: a diversidade na historia da física

        O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller e no Club de Ciencia sempre adoitamos nesta data lembrar e destacar a importancia do papel decisivo que ao longo do tempo desenvolveron as mulleres na Comunidade Científica. Por iso hoxe, xoves 13 de marzo, o alumnado de 3ºESO e o de 1º e 2º FPB tiveron a oportunidade de participar nunha charla impartida por  Cristina López Iribarnegaray, investigadora do IGFAE.

     Na ponencia, Ocultadas pero elementais: a diversidade na historia da física, deu a coñecer mulleres que desenvolveron a súa actividade no ámbito científico e, non sempre foron premiadas polo seu traballo nin visibilizadas na sociedade. Marie Sklodowska Curie, Lise Meitner, Chien-Shiung Lou ou Marie Goeppert-Mayer foron algunhas das que se destacou o seu traballo no percorrido cronolóxico que fixo a relatora dende os tempos das escolas pitágoricas ata os nosos días.

    Comentou que a discriminación das mulleres se producía polo xénero, pero tamén nos informou do traballo cientifico de homes que pola súa condición sexual non foi recoñecido, coma Alan Turing ou Frank Kameny ata que a Historia os colocou no lugar que merecían. 

    Estas charlas son necesarias para conseguir unha sociedade máis igualitaria en todos os ámbitos, ademais de permitirlle ao noso alumnado coñecer a historia dos descubrimentos científicos, tanto os realizados por mulleres como por homes.


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario