lunes, 10 de marzo de 2025

Visibilizando científicas no Día da Muller Traballadora

 

Hoxe, 10 de marzo, o alumnado de 2º FPB realizou co gallo da conmemoración do Día da Muller Traballadora, unha actividade na que lembraron 8 científicas relevantes: Rosalind Franklin, Jocelyn Bell, Hedy Lamar, Ángeles Alvariño, Margarita Salas e Marie Curie

Comezaron montando uns crebacabezas que se elaboraran con anterioridade a partir dunha fotografía e se prepararan coa cortadora láser. Unha vez montados os crebacabezas tiveron que identificar a científica que reproducían e posteriormente profundizar na súa traxectoria profesional. Para rematar fixeron unha exposición ante o resto da clase contando aspectos relevantes da vida profesional destas científicas destacadas .

Foi unha actividade moi motivadora e interesante para o alumnado.

  

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario