O xoves 6 de marzo, Daniel Díaz, Claudia Lema, Desireé Vázquez e Miguel Vázquez, alumnos e alumnas de 2º Bacharelato, participaron na Masterclass de Física de Partículas organizada polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías).
As actividades organizadas para esta xornada comezaron cunhas charlas, a primeira de física de partículas e a segunda sobre os detectores empregados para identificar as partículas elementais. Na primeira e dun xeito moi visual, puidemos viaxar dende as partículas máis grandes como as galaxias ata as máis pequenas que inclúen non só os átomos senón tamén as partículas subatómicas como o protón, o electrón e o neutrón, incluíndo outras partículas elementais como os quarks, os bosóns… Unha vez rematada a primeira charla puidemos afondar sobre as partes que constitúen os detectores, en concreto o LHcB (Large hadron Collider beauty). Empregando os aceleradores de partículas unido o detector adecuado pódese identificar as partículas fundamentais. Mediante os datos de carga e masa dos sinais obtidos co detector chegamos a distinguir entre: electrón, fotón, Hadrón, muón ou neutrino.
Na sesión práctica que se desenvolveu coa axuda dun ordenador conseguimos realizar a identificación de mesón Dº e medida da vida media. Esta xornada foi moi interesante xa que traballamos como verdadeiros científicos.
Para rematar a xornada, compartimos os nosos datos con outros estudantes e científicos a través dunha videoconferencia co CERN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario