martes, 28 de octubre de 2025

INVESTIGACIÓN SOBRE AS PROPIEDADES DOS MATERIAIS PARA FABRICAR UNHA ASTRONAVE

 INVESTIGACIÓN SOBRE AS PROPIEDADES DOS MATERIAIS PARA A FABRICACIÓN DUNHA ASTRONAVE



Hoxe, 28 de outubro, o alumnado de 2º FPB en colaboración co Club de Ciencias traballou sobre a elección do mellor material para a fabricación dunha astronave ou nave espacial. Para a realización desta actividade contamos co KIT: Inxeniería de Astronaves do CAFI (Aula Nova). Mediante o estudo das diferentes propiedades físicas deberán elexir cal dos diferentes materias que contén o Kit é o máis adecuado para utilizalo na fabricación da astronave. Estes ensaios consisten en comprobar as propiedades físicas de: apariencia, condutividade térmica e eléctrica, a densidade do material, o magnetismo e a resistencia os impactos. O principio entregaraselle unha táboa que deberán cubrir, indicando as características de cada un dos materiais analizados. 

Cal será o mellor material para contruír a astronave: madeira, cobre, latón, aceiro, pedra, aluminio, plástico, polispán ou a aleación?

No seguinte video poderase comprobar como se levaron a cabo os diferentes ensaios. Foi unha actividade moi emocionante e motivadora para o alumnado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario