lunes, 10 de noviembre de 2025

SEMANA DA CIENCIA

 REACCIÓN QUÍMICA. PASTA DE DENTES PARA ELEFANTES.


 

O luns, 10 de novembro, o Club de Ciencias comeza coa celebración da Semana da Ciencia en Galego con actividades no centro educativo. Neste caso, tras poñerse a bata e as proteccións adecuadas, Pablo Mira, levou a cabo unha experiencia que non esqueceremos. Puidemos observar a formación da pasta de dentes para elefantes. O nome desta reacción débese a forma na que se obtén o produto da reacción, que no primeiro caso, será en forma de escuma que se sairá en grande cantidade e de xeito rápido do matraz no que se realiza a reacción química.

No primeiro caso a reacción que se observa é a do permanganato de potasio co peróxido de hidróxido en presenza de xabón de pratos. A presenza desta substancia provoca a formación da escuma.

No segundo caso, onde non se incorpora o xabón de pratos a reacción é instantánea e máis violenta.

A reacción implicada é:


2KMnO4 + 2H2O2 3O2 + 2H2O + 2MnO2 + 2KOH

 


 

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario