O Club de Ciencia segue desenvolvendo actividades para a semana da ciencia. Neste caso o alumnado de ciencias de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de seguir on line a charla “A luz: nai da cuántica e da relatividade” do baiés Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo da facultade de física da USC, na que explicou as orixes da mecánica cuántica, que este ano cumple 100 anos do seu desenvolvemento, así como da teoría da relatividade restrinxida de Einstein.
A finais do século XIX a física tiña case todos os problemas resoltos, agás dúas pequenas cuestións: a maneira na que emitía e absorbía luz unha cavidade escura, e un experimento sobre a medida da velocidade da luz. O alumnado de ciencias de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de seguir on line a charla “A luz: nai da cuántica e da relatividade” do baiés Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo da facultade de física da USC, na que explicou as orixes da mecánica cuántica, que este ano cumple 100 anos do seu desenvolvemento, así como da teoría da relatividade restrinxida de Einstein.
A finais do século XIX a física tiña case todos os problemas resoltos, agás dúas pequenas cuestións: a maneira na que emitía e absorbía luz unha cavidade escura, e un experimento sobre a medida da velocidade da luz.
Esas dúas pequenas cuestións desembocaron finalmente en dúas das meirandes revolucións da ciencia: o nacemento da chamada mecánica cuántica, que permitiu comprender o funcionamento do universo na escala do máis pequeno; e o nacemento da chamada teoría da relatividade, que cambiou o noso concepto de espazo e de tempo e que levou a unha nova maneira de entender a forza da gravidade.
Estas charlas forman parte do programa de actos do mes da ciencia en galego que leva a cabo Igaciencia, unha institución galega sen ánimo de lucro que ten como obxectivo promover a actividade científica galega e en galego.
A charla completa pode volver a escoitarseno enlace: https://www.youtube.com/live/LbcrAgjx21U

No hay comentarios:
Publicar un comentario