martes, 18 de noviembre de 2025

SEMANA DA CIENCIA

 CONSTRUÍNDO UN HELICÓPTERO


Hoxe, 18 de novembro, o Club de Ciencias realiza unha nova actividade co galo da celebración da Semana da Ciencia en galego. A actividade proposta este día por Marta Diz, consiste na contrucción dun helicóptero. Esta actividade está baseada nunha actividade que figura nas microsecuencias de Abalar. Pódese consultar o enlace á mesma a continuación: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/agora-dixital/lab/microsecuencias/construyendo-un-helicoptero.

O helicóptero simula o movemento das sementes, éstas aproveitan a resistencia do aire para voar o máis lonxe posible para poder xerminar noutro lugar. Aparecen varias forzas implicadas no movemento do helicóptero: a da gravidade, a da resistencia do aire e a de sustentación das aspas. Tamén é importante a colocación do peso, que neste caso o aporta o clip, xa que afecta na caída sobre todo na estabilidade.

Para a montaxe do helicóptero só necesitamos unha plantilla, unha tesoiras e un clip. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario