O Club de Ciencia levou a cabo un proxecto sobre a enerxía coa participación do alumnado de FPB II: Valentín, Soraya, Aarón e Antía. Unha vez adquiridos os coñecementos sobre as diferentes fontes de enerxía (renovable e non renovable) e as centrais eléctricas que temos hoxe en día en funcionamento, o alumnado elaborou unha maqueta de cada unha das seguintes centrais: biomasa, nuclear, solar e hidroeléctrica. Isto permitiu que se profundizase máis sobre as partes que as constitúen e sobre o seu funcionamento.
Foi unha actividade moi motivadora e interesante para o alumnado.


No hay comentarios:
Publicar un comentario