EXTRACCIÓN DO ADN DA MUCOSA BUCAL
Hoxe, 14 de novembro, o Club de Ciencia continua achegando a ciencia a todo o alumnado coas actividades desenvolvidas no centro educativo durante a Semana da Ciencia. Cecilia Folla coa axuda de Antía Mourelle explicáronlles ao alumnado participante como extraer ADN da mucosa bucal. Para iso, precisamos unha bebida isotónica para enxuagar a boca. Posteriormente, engádeselle un pouco de líquido lavalouzas e mesturase cunha variña de vidro. Durante esta etapa, rómpense as membranas celulares e nucleares o mesmo tempo que o sal prevén a precipitación das proteínas e evita a destrución do ADN. Engádeselle posteriormente un pouco de alcohol frío. As moléculas de ADN quedarán retidas na interface entre os dous líquidos (alcohol-auga).




No hay comentarios:
Publicar un comentario