EQUILIBRIO
Hoxe, 13 de novembro, o Club de Ciencias da mán de Francisco Bóveda, propón para o alumnado un novo reto. Neste caso traballaranse os equilibrios de forzas, as leis da palanca e os centros de gravidade dos corpos. O primeiro reto que deberán de superar é colgar sobre unha mesa, no baleiro, un martelo axudándose só dunha regra e un cordel. Esta experienza require colocar o martelo dun xeito especial para que as forzas se atopen en equilibrio e non caia o martelo ao chán.
O segundo reto o que se enfrontarán consiste en levantar unha caixa moi pesada só coa axuda dunha palanca e uns tacos de madeira. Como decía Arquímedes. “Dame un punto de apoyo y moveré el mundo”.
Pare rematar, Antía Mourelle demostrará como cuns garfos permiten cambiar o centro de gravedade dun corcho e pode deixalo apoiado nun punto moi pequeno sen caer.










No hay comentarios:
Publicar un comentario