lunes, 2 de febrero de 2026

Fabricación dun electroscopio caseiro




Hoxe, 2 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 3º e 4º ESO e bacharelato, participou nunha actividade relacionada coas cargas presentes na materia. Primeiro fíxose un recordatorio da composición da materia e observaron como diferentes prendas de roupa poden estar formadas por diferentes substancias (lá, poliéster e acrílico). Segundo se empregue un material ou outro pódese obter cargas de diferente signo, por exemplo fretándoas cun globo. Foi moi interesante observar como o fretar o globo cunha chaqueta de lá podía atraer o pelo ou incluso púidose separar a pementa do sal pola atracción que o globo xera sobre ela. Para rematar esta actividade elaborouse un electroscopio caseiro empregando materiais cotiás: frasco de vidro con tapa, arame, papel de aluminio e plastilina.


Na actividade tamén puideron experimentar coa electricidade que se almacena e transmite cun condensador caseiro para encender unha lámpada.








No hay comentarios:

Publicar un comentario