lunes, 23 de febrero de 2026

PROXECTO MULLERES CIENTÍFICAS



O alumnado de FPB II formado por Valentín, Soraya, Aarón e Antía, participou nun proxecto de investigación sobre as mulleres científicas coa colaboración do Club de Ciencias e do Equipo de Dinamización de Lingüística. Contaron tamén co material dispoñible en Polos Creativos para desenvolver esta actividade. Primeiro tiveron que buscar información sobre 10 Mulleres Científicas destacando unha imaxe e un resumo da súa biografía. Unha vez coñecida esa información tiveron que diseñar un xogo electrónico no que se debía unir cada unha das imaxes desas mulleres co seu descubrimento científico relevante. Se a unión é a correcta, encenderase unha luz e se é incorrecta non se encenderá. Foi unha actividade moi motivadora e permitíulles ao alumnado integrar os coñecementos adquiridos sobre os circuitos eléctricos para o deseño desta actividade. Esta actividade expoñerase no centro educativo para celebrar a conmemoración do Día da Muller Traballadora.

Noraboa polo bo traballo realizado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario