martes, 12 de mayo de 2026

FORMACIÓN: Guía de usuario para o teu cerebro (e as túas redes)

 


 Hoxe o alumnado de Bacharelato tivo a oportunidade de asistir á formación “Guía de usuario para o teu cerebro (e as túas redes)”, impartida polo centro ElSuno, un espazo especializado no acompañamento emocional e no benestar psicolóxico.

Ao longo da sesión, dinámica e participativa, traballáronse aspectos fundamentais relacionados co funcionamento das emocións e a súa influencia no día a día do alumnado. Reflexionouse sobre a utilidade natural das emocións, a relación entre emoción e razón na toma de decisións e a importancia de identificar situacións de “secuestro emocional”.

Ademais, abordouse o impacto das redes sociais na autoestima, a comparación constante e a procura de validación externa, temas moi presentes na realidade da mocidade actual.

A formación completouse con diferentes ferramentas e técnicas prácticas de regulación emocional que poden resultar de gran axuda para afrontar momentos de presión, estrés ou exames, especialmente neste tramo final do curso académico.

Dende o centro agradecemos a ElSuno esta interesante achega, que sen dúbida proporcionará ao alumnado recursos útiles para afrontar con maior seguridade e equilibrio emocional os retos destas últimas semanas de curso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario