martes, 12 de mayo de 2026

OBRADOIRO (DES)MONTANDO O CUBO DE RUBIK

 



Dentro das actividades da Semana Cultural, o alumnado de 3º da ESO e de 1º de FP Básica participou nun interesante e divertido obradoiro impartido por Jan Lamas arredor do coñecido Cubo de Rubik.

Durante a sesión, o alumnado puido achegarse ao funcionamento deste popular quebracabezas, descubrindo estratexias, técnicas e curiosidades relacionadas coa súa resolución. Ademais, cada participante contou co seu propio cubo, o que permitiu seguir as explicacións de maneira práctica e participativa en todo momento.

A actividade serviu non só para estimular a lóxica, a memoria e a capacidade de resolución de problemas, senón tamén para fomentar a paciencia, a concentración e o pensamento creativo dun xeito dinámico e motivador.

Dende o centro agradecemos a Jan Lamas a súa colaboración nesta proposta tan enriquecedora, que espertou un gran interese entre o alumnado e contribuíu a seguir enchendo a Semana Cultural de aprendizaxes diferentes e experiencias innovadoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario