O alumnado de 1º de Bacharelato iniciou a xornada do mércores cunha interesante charla impartida por Xavier Fonseca, xornalista científico e divulgador especializado en meteoroloxía e cambio climático.
Baixo o título “Desinformación: un problema para abordar a crise climática”, o relator convidou ao alumnado a reflexionar sobre o impacto das fake news e da información manipulada na percepción social dos problemas ambientais, así como na toma de decisións informadas.
Durante a sesión, Xavier Fonseca compartiu tamén a súa experiencia profesional e persoal, destacando a súa viaxe á Antártida, onde puido observar de primeira man os efectos do cambio climático nun dos ecosistemas máis sensibles do planeta.
A actividade resultou moi enriquecedora, fomentando o pensamento crítico e a conciencia ambiental entre o alumnado, especialmente nun contexto no que a información veraz é clave para afrontar os retos do futuro.
Unha excelente maneira de comezar a xornada cunha reflexión sobre ciencia, información e responsabilidade social.

No hay comentarios:
Publicar un comentario