miércoles, 13 de mayo de 2026

XORNADA CIENTÍFICA SOBRE O ECLIPSE SOLAR

 O alumnado de 3º da ESO e 1º de FP Básica prepárase para o eclipse solar cunha xornada científica con Óscar Blanco.


Durante toda a mañá do mércores, o alumnado de 3º da ESO e de 1º de FP Básica participou nunha completa actividade científica impartida por Óscar Blanco, centrada nas eclipses totais de Sol.
A primeira parte da xornada consistiu nunha charla divulgativa na que se explicou que son as eclipses solares, como se producen e por que se consideran unha auténtica “coincidencia cósmica” pola precisión coa que se aliñan Sol, Lúa e Terra.
Na segunda parte, o alumnado participou nun obradoiro práctico no que construíron aparellos de observación de eclipses, aprendendo a súa utilidade e o seu funcionamento de forma segura.
Esta actividade serviu tamén como preparación para o próximo eclipse solar, achegando ao alumnado coñecementos e recursos para poder observalo de maneira correcta e segura, espertando ao mesmo tempo o interese pola astronomía.
Unha mañá moi completa que combinou divulgación científica e práctica, espertando a curiosidade e o entusiasmo polo universo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario