Hoxe,
luns 15 de xuño, o alumnado de 3º e 4º ESO enfrontouse nun reto
científico. Unha das actividades que tiñan que superar foi un
trivial no que as preguntas que permitían alcanzar as ficha de cores
correspondían a temas de: actividade científica, a materia, os
cambios químicos, a enerxía e os movemento e as forzas. Unha vez
que se formaron as parellas entre o alumnado empezou o xogo. O mesmo
tempo que este alumnado se enfrontaba o trivial, unha parte do
alumnado de 4º ESO e FPB traballaron cóbado con cóbado para
resolver os retos que lles permitisen descubrir o código segredo que
lles permitise escapar do laboratorio no que se encontraban pechados.
Un “scape room” moi especial. Ambas actividades foron superadas
de xeito destacado polo alumnado.
Estas
actividades son moi motivadores para o alumnado. Os gañadores dos
retos tiveron un premio polo seu bo traballo realizado.
Nas
imaxes pódense ver as actividades e os gañadores das actividades.




No hay comentarios:
Publicar un comentario