Hoxe, 17 de xuño, o Club de Ciencia organizou para o alumnado de 1º Bacharelato pertencente a materia de bioloxía unha visita o laboratorio pertencente a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Nestes laboratorios encárganse das probas xenómicas e investigación biomédica. Nun dos laboratorios que se puido visitar, observaron como se preparan as mostras antes de proceder o seu análise. Explicoulles como conseguen amplificar o ADN das mostras mediante o uso de equipos chamados termocicladores para a súa posterior secuenciación (identificación dos nucleotidos da molécula de ADN). Tamén puideron observar, a través dun microscopio, os cromosomas para identificar posibles anomalías. Todo isto sirve para detectar alteracións no ADN e diagnosticar posibles enfermidades como nas análises prenatais.


No hay comentarios:
Publicar un comentario