lunes, 20 de diciembre de 2021

 

TIMELINE MATEMÁTICO

              Durante os recreos de novembro e decembro dende o Club de Ciencias propúxose xogar partidas ao Timeline matemático con quen se animase a participar. O xogo consiste en ir colocado en orde cronolóxica os acontecementos máis importantes da historia das matemáticas, mentres xogabamos iamos comentando cada carta.

viernes, 17 de diciembre de 2021


 OBRADOIRO ECOLÓXICO DE NADAL

        Continuamos no Club de Ciencias coa campaña de concienciación da importancia e do impacto que ten a reciclaxe na sociedade e no medioambiente cunha nova actuación: Obradoiro de creacións artísticas con motivos navideños que se desenvolveu en todos os cursos da ESO en colaboración coa Biblioteca durante esta última semana.  

         Para levalo a cabo os rapaces e as rapazas trouxeron da casa latas de conservas, botes de cristal, plásticos, teas, cartón... e déronlles unha nova vida como adornos de Nadal para decorar primeiro o Centro e despois, os seus propios fogares - xa que cadaquén, o último día de clase, recolleu a súa orixinal creación-.

        Este foi o noso xeito  de achegar un gran de area na diminución de residuos e, asemade, de desexar un Bo Nadal e Próspero Ano Novo cheo de actividades de aprendizaxes científicas a toda a Comunidade Educativa.

        Seguiremos traballando coa mesma ilusión en todos os nosos proxectos no 2022!

miércoles, 15 de diciembre de 2021

 

DANIEL DÍAZ MOUZO GAÑA O CONCURSO DE XADREZ

          Dende o pasado 14 de setembro dende o Club de Ciencias propúxose todos os martes e xoves unha xogada de xadrez de mate en un ou dous movementos; os participantes anotaban a súa solución en notación alxébrica.

              25 xornadas despois coñecemos o nome do gañador do concurso: Daniel Díaz Mouzo de 3º da ESO que demostrou moi bo nivel en xadrez ademais de constancia e tenacidade.

Felicidades!


martes, 14 de diciembre de 2021

 

RECREOS CIENTÍFICOS 

                 No Club de Ciencias seguimos aproveitando calquera ocasión para facer xogos de paridade, maxia con números binarios ou con aritmética modular ou con rotacións, xogar á nova versión do nim (a vergonza do galego) e, como non, seguir promocionando as mulleres matemáticas. Todas actividades consolidadas dende o ano pasado e que seguen tendo éxito.

lunes, 13 de diciembre de 2021

 PAPIROFLEXIA

            Neste primeiro trimestre fixemos varios talleres de papiroflexia en colaboración coa Biblioteca. A papiroflexia permítenos traballar aspectos importantes da xeometría plana e dos espazo, ao mesmo tempo que potenciamos a capacidade espacial, a psicomotricidade, o compañeirismo, a solidariedade...

            Velaquí tendes exemplos das figuras elaboradas: cabazas, morcego e pantasmas polo tempo do Samaín, andoriñas, e finalmente polo Nadal: anxos, Papa Noel e renos.

            A verdade é que unha actividade na que aprendemos e divertímonos a partes iguais.

viernes, 3 de diciembre de 2021

RECICLAMOS OS NOSOS RESIDUOS ORGÁNICOS

             Un dos piares fundamentais do proxecto deste curso no noso Club de Ciencia é a reciclaxe. Parte fundamental deste é a transformación dos residuos orgánicos dos nosos fogares en fertilizantes para as nosas plantas, hortos, xardíns....
         É esencial concienciar o noso noso alumnado na importancia de reciclar a materia orgánica para axudar a reducir a cantidade de residuos que rematan nos colectores do lixo e así axudar a frear o cambio climático. Por iso, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO tiveron unha charla, na mañá de hoxe, sobre esta temática.

          Manolo Domínguez, biólogo e educador ambiental, comezou amosando como realizar unha selección dos residuos para logo facer fincapé na importancia de compostar nas casas. Por último explicou polo miúdo os pasos a seguir para elaborar unha boa compostaxe. A charla, que foi moi amena, axudou a concienciarnos sobre a necesidade de reducir a cantidade de residuos, á vez que nos presenta unha opción do seu aproveitamento. Un modelo de economía circular en beneficio de todos e todas porque se reduce a factura de recollida de residuos,  xérase un recurso que acrecenta a fertilidade das  nosas terras e reducimos a emisión de gases invernadoiros.  Isto si que é unha reciclaxe efectiva!  

         Esta actividade forma parte dunha campaña do Concello de Zas que pretende difundir a compostaxe doméstica. O Alcade de Zas, Manuel Muíño, e a Concelleira de Educación Pilar García, animáronnos a poñer en práctica esta aprendizaxe para ser respectuosos co medio e minimizar a nosa pegada ambiental. E nós pensamos poñelo en práctica no noso Centro.