CINZAS CARA AO INFINITO DE DANIEL DÍAZ MOUZO
O alumno Daniel Díaz Mouzo, de 3º de ESO, gañou o “XIV Concurso de Fotografía Matemática da XV Feira Matemática 2022” na categoría de 2º Ciclo da ESO e Bacharelato coa obra “Cinzas cara ao infinito”.
CINCO RAPAZAS REPRESENTAN O CENTRO NA XV FEIRA MATEMÁTICA
AGAPEMA tras os dous últimos anos de pandemia retomou este ano a celebración da XV Feira Matemática que se celebrou no día de hoxe, 30 de abril en PALEXCO, na Coruña. Aí estiveron cinco rapazas representando o noso Centro: Lucía Gabín, Lorena Martínez, Tania Pose de 1º Bacharelato, Ainara Pose e Marina García de 3º da ESO, acompañadas polas profesoras Begoña e Luchi.
O seu nome provén de que son nomeados polo filósofo grego Platón no seu libro "Timeo" (escrito arredor do ano 360 a.C.), aínda que eran coñecidos desde tempo inmemorial.
OBRADOIRO DE MATEMÁTICAS CON PAPEL
POLA EXPERTA TERESA OTERO
A tarde do luns, 4 de abril, tivemos a sorte de contar no centro con Teresa Otero Suárez, docente de matemáticas con máis de 40 anos de experiencia e experta en ensinar matemáticas utilizando como ferramenta a papiroflexia. Amosounos algunhas das orixinais construcións que fai con só un papel: un dragón, un Yoda, pendentes, calendarios, todo tipo de figuras matemáticas e arquitectónicas, cadeas de ADN... . Explicou que a papiroflexia serve para aprender e consolidar moitos contidos matemáticos, sexa cal sexa o nivel que un teña.
Na primeira sesión con 2º de ESO ensinou os fundamentos básicos e o alumnado con moita atención e predisposición realizou un marcapáxinas e un cubo formado por 6 módulos. Na segunda, o alumnado de 1º de ESO construíu un viraventos de dous módulos e un sobre de invitacións a dúas cores; os máis hábiles foron quen de facer un marcapáxinas coma os de 2º. Foron dúas sesións na que o noso alumnado consolidou e adquiriu coñecementos matemáticos dun xeito divertida.
Grazas Teresa!
TALLER DE RECICLAXE TECNOLÓXICO
2ª PARTE
Na segunda parte deste obradoiro o alumnado seguiu retirando pezas dos teclados a reciclar: teclas, procesadores, circuitos... Posteriormente procedeuse a reutilizar estas pezas para elaborar chaveiros, aneis, colgantes, pendentes, broches...
Con moita creatividade e orixinalidade os membros do Club deseñaron diferentes e orixinais xoias de uso persoal.
