jueves, 12 de febrero de 2026

SEMANA DE CONMERACIÓN DO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 A MANDARINA RADIANTE



O xoves, 12 de febreiro, o Club de Ciencias continúa coa celebración da Semana da Ciencia na que se conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia con actividades no centro educativo. Nesta terceira xornada, Ana Fuentes, levou a cabo unha actividade moi interesante empregando unha mandarina.

O alumnado tivo que sacar unha mandarina dun bote cheo de auga sen derramar unha soa gota. Outro experimento consistiu en colocar unha bengala sobre unha mandarina. A bengala non só non se apaga senon que segue ardendo ata que se apaga. Pódese ver a luz saíndo pola tona da mandarina grazas a sús porosidade. A pregunta que se fixo o alumnado foi porque non se acaba pero a presenza de osíxeno no seu interior axuda a que siga ardendo.

Esta xornada foi moi motivadora, sorprendente e interesante para o alumnado.











SEMANA DE CONMERACIÓN DO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

QUEIMÁNDOSE A VELA EN EQUILIBRIO 


 O xoves, 12 de febreiro, o Club de Ciencias continúa coa celebración da Semana da Ciencia na que se conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia con actividades no centro educativo. Nesta terceira xornada, Francisco Bóveda, levou a cabo unha actividade moi interesante empregando velas. A actividade consiste en colocar unha vela en equilibrio apoiandose sobre un alfinete e prendela para comprobar que segue manténdose en equilibrio ainda que esté prendida. A xornada rematou cun xogos de lóxica que resolveu o alumnado correctamente.






miércoles, 11 de febrero de 2026

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

MASTERCLASS FÍSICA DE PARTÍCULAS NO IGFAE



mércores 11 de febreiroNazaret Álvarez Fernández e María Pérez Rojo, alumnas de 1º Bacharelato, acompañadas pola profesora de Física e Química Begoña Raña, e co gaio da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, participaron na Masterclass de Física de Partículas organizada polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías).

 

As actividades organizadas para esta xornada comezaron cunhas charlas, a primeira de física de partículas e a segunda sobre os detectores empregados para identificar as partículas elementais. Na primeira e dun xeito moi visual, puidemos viaxar dende as partículas máis grandes como as galaxias ata as máis pequenas que inclúen non só os átomos senón tamén as partículas subatómicas como o protón, o electrón e o neutrón, incluíndo outras partículas elementais como os quarks, os bosóns…

 

Unha vez rematada a primeira charla puidemos afondar sobre as partes que constitúen os detectores. Empregando os aceleradores de partículas unido o detector adecuado pódese identificar as partículas fundamentais.

 

Na sesión práctica que se desenvolveu coa axuda dun ordenador conseguimos identificar  as partículas como electróns, neutrinos, muóns e identificar as súas cargas. Con eses datos, poidemos identificar as partículas orixinarias.

 

Esta xornada foi moi interesante xa que traballamos como verdadeiras científicas.

 

Para rematar a xornada, compartimos os nosos datos con outros estudantes e científicos a través dunha videoconferencia co CERN.

 






martes, 10 de febrero de 2026

SEMANA DE CONMERACIÓN DO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 EFECTO TINDALL 


O martes, 10 de febreiro, o Club de Ciencias continúa coa celebración da Semana da Ciencia na que se conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia con actividades no centro educativo. Nesta segunda xornada, Pablo Mira, levou a cabo unha demostración sobre o Efecto Tindall e sobre os fenómenos da luz.

O alumnado puido comprobar como a través da radiación dun láser pódese distinguir unha disolución dun coloide. Nos coloides observase perfectamente o raio do láser por ser un medio dispersivo da luz, nunha disolución esto no ocorre. Empregáronse tanto unha disolución de sal, ketchup e leite.

Tamén experimentouse sobre o fenómeno da reflexión e refracción da luz. O alumnado observou como desaparece un vaso dentro doutro debido o índice de refracción similar presente entre o vidro e o aceite de bebé.

Esta xornada foi moi motivadora e interesante para o alumnado.







lunes, 9 de febrero de 2026

SEMANA DE CONMERACIÓN DO DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 CREBACABEZAS DE MULLERES CIENTÍFICAS E XOGOS MATEMÁTICOS


O luns, 9 de febreiro, o Club de Ciencias comeza coa celebración da Semana da Ciencia na que se conmemora o día da muller e a nena na ciencia con actividades no centro educativo. A primeira actividad a que se enfrontou o alumnado foi a resolución duns xogos matématicos e de crebacabezas de mulleres científicas relevantes na historia, como por exemplo Margarita Salas, Angeles Alvariño, Jocelyn Bell ou Hedy Lamar entre outras, estas actividades foron propostas polas profesoras Luchy Mouzo e Begoña Raña.

Algúns dos crebacabezas os que se enfrontaron foron realizados en polos creativos coa cortadora láser.







lunes, 2 de febrero de 2026

Deseño dunha casa de paxaros



Hoxe, 2 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 1º, 2º ESO, participou nunha actividade na que se lles propoñía deseñar unha casa para paxaros. Mediante o emprego dun programa informático, deseñaron as diferentes pezas que a constitúen. Despois de rematar o deseño procederon a elixir o material máis adecuado para a seu corte e montaxe. Coa cortadora láser e nunha lámina de madeira, cortáronse as pezas e posteriormente fóronse pegando ata rematar a montaxe. Pódese ver nas imaxes o proceso e o resultado final. O obxectivo da actividade é, unha vez rematada a casiña, colocala nunha árbore para observar se se produce nela o aniñamento dalgunha ave.




Fabricación dun electroscopio caseiro




Hoxe, 2 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 3º e 4º ESO e bacharelato, participou nunha actividade relacionada coas cargas presentes na materia. Primeiro fíxose un recordatorio da composición da materia e observaron como diferentes prendas de roupa poden estar formadas por diferentes substancias (lá, poliéster e acrílico). Segundo se empregue un material ou outro pódese obter cargas de diferente signo, por exemplo fretándoas cun globo. Foi moi interesante observar como o fretar o globo cunha chaqueta de lá podía atraer o pelo ou incluso púidose separar a pementa do sal pola atracción que o globo xera sobre ela. Para rematar esta actividade elaborouse un electroscopio caseiro empregando materiais cotiás: frasco de vidro con tapa, arame, papel de aluminio e plastilina.


Na actividade tamén puideron experimentar coa electricidade que se almacena e transmite cun condensador caseiro para encender unha lámpada.