martes, 13 de mayo de 2025

A Química na vida cotiá

 A QUÍMICA NA VIDA COTIÁ

 


Dentro das actividades da Semana Cultural organizadas polo Club de Ciencia, tivemos a sorte de que a participara a Sociedade Xuvenil Galega de Química (SXGQ). O martes, Laura, Sergio, Román e Leticia, integrantes desa agrupación formada por persoal de diferentes carreiras científicas, achegáronse ao noso centro para afondar en determinados contidos científicos ante un público expectante: o alumnado de 2º e 3º de ESO, e o de 1º FPB.

Entre as experiencias realizadas, destacan tres en particular: a catálise enzimática da pataca, o estudo das propiedades dos polímeros e a determinación do pH de diversas disolucións mediante o uso dun indicador natural.

No caso dos polímeros, analizáronse non só as diferenzas na polaridade das moléculas, senón tamén como as cargas eléctricas presentes poden favorecer a formación de esferas (esferificación), ou permitir a retención de auga no seu interior.

Outra experiencia especialmente motivadora foi a observación do fenómeno da fluorescencia en certas substancias como a clorofila das plantas ou a cúrcuma. Bastou cunha lámpada de luz ultravioleta para poder gozar deste sorprendente efecto visual.

En conxunto todas as actividades espertaron a curiosidade e o interese polo mundo que nos rodea, dun alumnado que atendía engaiolado ás explicacións e respondía ás cuestións que lles formulaban.

Moitas grazas a Sergio, Laura, Román e Leticia pola vosa amabilidade e pola atención coa que levastes a cabo todas estas demostracións. Grazas tamén a todos os que forman parte da SXGQ polo gran labor de divulgación do coñecemento científico en galego, amosando que a Ciencia en galego existe.










sábado, 10 de mayo de 2025

FEIRA CIENTÍFICA

  PARTICIPAMOS NA ROMERÍA CIENTÍFICA

 

O Club de Ciencias participou o pasado 10 de maio no XXIX Día da Ciencia na Rúa,  celebrada no parque de Santa Margarida da Coruña, arredor da Casa das Ciencias, onde se sitúa o núcleo fundamental desta romaría científica.

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, e de 1º Bacharelato pertencentes ao Club de Ciencia, atenderon un stand no que se ofrecían distintas actividades relacionadas coa ciencia: xogos matemáticos, extracción de ADN, explicación do ciclo vital dos vermes de seda e elaboración de perfumes caseiros, ou de slime.

Así mesmo, puidemos ensinarlles ás persoas que pasaron pola nosa caseta pequenos experimentos científicos baseados na tensión superficial, capilaridade e electricidade.

Unha xornada chea de novas experiencias na que representantes do noso club tiveron a oportunidade de presentar algunhas das actividades e experimentos realizados durante o curso, ante un público que se amosou moi interesado ante a experiencia compartida. dende o stand do Club de Ciencia do IES Maximino Romero de Lema.

Parabéns a todos e a todas por representarnos tan ben neste marabilloso día científico!


 







lunes, 5 de mayo de 2025

Formación dos monitores da Feira Científica

 

Formación de monitores

        Formación de monitores para a titorización durante a realización das actividades da Feira da Ciencias na Coruña. O alumnado dos grupos de 3º, 4º e 1º Bacharelato participou nesta actividade que pretende preparar o alumnado para a presentación dos experimentos seleccionados para a feira que se celebrara o día 10 de maio. Entre os experimentos que se presentaran destacamos: elaboración de perfumes caseiros como de slime, reactividade de enzimas, extracción do ADN, xogos matemáticos, creación de circuitos con plastilina condutora e pequenos experimentos científicos sobre a capilaridade, tensión superficial e electricidade.





DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MAIO

 

   Pílula informativa mes de maio:

        Neste mes de maio, continuamos coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade a través dunha nova pílula informativa, que nesta ocasión chega en forma de consello.

        Consello de como reducir a pegada ecolóxica dos alimentos apostando pola proximidade: Prioriza o consumo de produtos de tempada. Estes alimentos teñen unha menor pegada ecolóxica, xa que o seu cultivo adoita requirir menos recursos, evitando o uso de invernadoiros ou sistemas de conservación que supoñen un elevado consumo enerxético.



lunes, 28 de abril de 2025

Primeira reunión do 3º Trimestre

 A MAXIA DAS MATEMÁTICAS

 


  O luns 28 de abril, o alumnado do Club de Ciencia de 1º, 4º ESO e Bacharelato participou nun taller sobre a maxia das matemáticas.

 






Primeira reunión 3º Trimestre

 

EXPERIMENTANDO COS PIGMENTOS VEXETAIS: ANTOTIPIA 


O luns 28 de abril, o alumnado do Club de Ciencia de 1º, 2º e 3º ESO participou nun taller que consistía en extraer os pigmentos vexetais das prantas: follas das árbores, lombarda e da remolacha. Unha vez extraido o pigmento, procederon a aplicar a técnica fotográfica da antotipia. Esta técnica consiste en tinguir un papel de acuarela sobre o que se colocaran elementos decorativos como: frores secas, papeis ou cordas a. O obxectivo é que haxa zonas nas que incida a luz sobre o papel e zonas nas que non poida incidir. os pigmentos naturais son fotosensibles, por iso na zona na que lle da o sol vai perder coloración mentres que nas zonas nas que non lle da quedará a silueta do obxecto. Podedes ver nas fotografías tanto o proceso como o resultado obtido.







lunes, 7 de abril de 2025

DÁLLE UNHA VOTA AO TEU CONSUMO: ABRIL

                                                

                                                            Pílula informativa mes de abril:

    Neste mes de abril a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.

   Consellos para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:

  • Compra en mercados locais e adquire produtos frescos e de tempada.

  • Opta por produtos frescos, que adoitan ter unha menor pegada ecolóxica en lugar de procesados e envasados, que requiren enerxía adicional para a súa produción e embalaxe.