viernes, 17 de octubre de 2025

ELABORACIÓN DE BEBIDAS ISOTÓNICAS

 

Nesta actividade desenvolvida polo alumnado de bacharelato, tiñamos como obxectivo a elaboración dunha disolución cuxa concentración de sal, bicarbonato e azucre era similar a das bebidas isotónicas. Durante a elaboración da disolución, incídese na elevada cantidade de azucre que presentan estas bebidas, rolda o 55% e no contido en sales. Traballouse co material de laboratorio para elaborar a disolución cos solutos (sal, bicarbonato e azucre), calculando a cantidade necesaria de cada compoñente. Recordando as boas prácticas de laboratorio e empregando as balanzas e o material volumétrico adecuado para obter a nosa bebida isotónica. Esta experiencia permitiunos afondar nas diferentes composicións presentes en diversas bebidas isotónicas. Puideron comprobar a cantidade de sal disolta que presentan e a función que o sal desenvolve no noso organismo. Outra problemática que se afondou durante o experimento foi o elevado consumo de azucre e a súa relación coa aparición de determinadas enfermidades Esta actividade permitiunos traballar co alumnado a importancia de revisar os etiquetados dos alimentos. Actualmente está xurdindo unha enorme problemática relacionada co aumento de casos de diabete e obesidade infantil debido a mala alimentación e a excesiva inxestión de alimentos con elevado contido en azucre. Esta actividade permitiunos traballar co alumnado a importancia de levar unha alimentación saudable e a incidir na revisión das etiquetas dos alimentos.Tamén insistiuse que o consumo desde tipo de bebidas debe reservarse cando se faga un exercicio físico relevante debido a que a súa concentración en determinadas substancias (azucre e sales) axudan o noso organismo a recuperarse. Pero, non se deben consumir como se fosen refrescos. Nas imaxes seguintes pódese observar o experimento que se desenvolveu.




No hay comentarios:

Publicar un comentario