CIENCIA EN INGLÉS
Hoxe presentámosvos un vídeo onde Marina Camafreita e Yago Regueira nos explican en inglés como elaborar unha barra de labios caseira.
Unha edición máis o IES Maximino Romero de Lema participa nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia.
Seguimos traballando en proxectos que fagan do noso centro, un espazo máis saudable. Neste caso presentamos o proxecto Gavieiro, un medidor de CO2 de baixo custo que alerta ao profesor cando se alcanzan niveis de CO2 non recomendables para forzar unha ventilación forte na aula.
O proxecto desenvolvese dentro do Club de Ciencia e participan a profesora Marta Diz Alonso e o alumnado de 2º curso do CB de Informática de Oficina: Anxo Antelo, Fátima Martínez, Estéfano Moreira, Rubén Pena, Rubén Sánchez, Iván Suárez e Adrián Villar.
O noso dispositivo tivo boa acollida e a nosa idea é compartilo con outros centros para que poidan construír o seu propio Gavieiro.
Somos makers!.
Podes ver o noso stand na seguinte ligazón: https://makerfairegalicia.com/proyectos/gavieiro
DEFENDEMOS OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
“Os penedos son formación únicas no mundo, presentan particularidades que permiten soster está afirmación.Este tipo de paisaxes posibilitaría por en marcha o que noutros lugares se chama turismo científico” Vidal Romaní
Un dos espazos naturais protexidos máis emblemáticos da Costa da Morte Os Penedos de Traba e Pasarela están agora ameazados pola instalación dun parque eólico. Para concienciar ao alumnado sobre a necesidade de preservar este espazo, realizamos unha pequena exposición no centro sobre a súa formación, os valores culturais e científicos e as actividades realizadas no noso centro en anos anteriores para denunciar a instalación dunha canteira.
Elaboramos tamén unha pregunta para o concurso CON-CIENCIA sobre os animais que habitaban esa zona na época en que se formaron os Penedos.
DEFENDEMOS OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA
O pasado venres, o alumnado de 3º ESO realizou unha saída didáctica para coñecer os Penedos de Traba e Pasarela e protestar contra a instalación dun parque eólico nunha das Paisaxes Naturais Protexidas máis emblemáticas da Costa da Morte.
Despois de estudar na aula a formación e os valores científicos e culturais desta paisaxe granítica única no mundo, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer in situ os penedos máis singulares e subir ata a Torre da Moa, desde onde puideron gozar das impresionantes vistas da Lagoa e o areal de Traba.
Tamén recitamos poesía ao pé da pedra multiforme e fixemos un safari fotográfico .
Rematamos a nosa viaxe nas dunas e na praia de Traba , onde refrescamos os pés nas augas deste mar bravo que desta vez estaba en calma.