viernes, 17 de octubre de 2025

ELABORACIÓN DE BEBIDAS ISOTÓNICAS

 

Nesta actividade desenvolvida polo alumnado de bacharelato, tiñamos como obxectivo a elaboración dunha disolución cuxa concentración de sal, bicarbonato e azucre era similar a das bebidas isotónicas. Durante a elaboración da disolución, incídese na elevada cantidade de azucre que presentan estas bebidas, rolda o 55% e no contido en sales. Traballouse co material de laboratorio para elaborar a disolución cos solutos (sal, bicarbonato e azucre), calculando a cantidade necesaria de cada compoñente. Recordando as boas prácticas de laboratorio e empregando as balanzas e o material volumétrico adecuado para obter a nosa bebida isotónica. Esta experiencia permitiunos afondar nas diferentes composicións presentes en diversas bebidas isotónicas. Puideron comprobar a cantidade de sal disolta que presentan e a función que o sal desenvolve no noso organismo. Outra problemática que se afondou durante o experimento foi o elevado consumo de azucre e a súa relación coa aparición de determinadas enfermidades Esta actividade permitiunos traballar co alumnado a importancia de revisar os etiquetados dos alimentos. Actualmente está xurdindo unha enorme problemática relacionada co aumento de casos de diabete e obesidade infantil debido a mala alimentación e a excesiva inxestión de alimentos con elevado contido en azucre. Esta actividade permitiunos traballar co alumnado a importancia de levar unha alimentación saudable e a incidir na revisión das etiquetas dos alimentos.Tamén insistiuse que o consumo desde tipo de bebidas debe reservarse cando se faga un exercicio físico relevante debido a que a súa concentración en determinadas substancias (azucre e sales) axudan o noso organismo a recuperarse. Pero, non se deben consumir como se fosen refrescos. Nas imaxes seguintes pódese observar o experimento que se desenvolveu.




miércoles, 15 de octubre de 2025

PETISCOS DE CIENCIA 2025

 O OVO SALTARÍN

 


Damián Fernández explícanos neste vídeo como se forma o ovo saltarín. A casca do ovo presenta carbonato de calcio que en presenza do ácido acético, presente no vinagre, reacciona formando acetato de calcio, auga e CO2 (que se desprende formando burbullas na disolución). Despois de que o ovo permaneza 24 horas no vinagre, a casca do ovo desaparece e as proteínas do ovo presentes na clara, debido o medio ácido, desnaturalízanse de xeito que se observa un cambio na súa natureza, volvéndose máis xelatinosa e con textura elástica.


PETISCOS DE CIENCIA 2025

BIRREFRIXENCIA


 María Nantón Pose e Irene Rodríguez explícanos neste vídeo unha propiedade que presenta o espato de Islandia, trátase da birrefrixencia ou dobre refracción. Esta propiedade óptica permite separar a luz incidente en dous feixes polarizados perpendiculares entre si. Esto ocorre porque este mineral presenta anisotropía.

PETISCOS DE CIENCIA 2025

 ADN Á VISTA

 


 
Laura Ferreiro e Leticia Vázquez explícanos como con materias sinxelos pódese observar a molécula de ADN.O ADN está presente no núcleo das células, pódese extraer o ADN da mucosa bucal. O xabón permite romper lípido e liberar o contido celular. Engadindo alcohol conséguese observar os fíos do ADN na interface alcohol-auga.


PETISCOS DE CIENCIA 2025

 REACCIÓN CAMALEÓN

 


Alicia Castiñeira e Olalla Suárez preséntannos a reacción camaleón. Esta reacción debe o seu nome a variedade de cores que se poden observar durante o transcurso da mesma. Tratase dunha reacción de óxidacción-redución. Na reacción interveñen o permanganato de potasio, a glicosa e o hidróxido de sodio. O manganeso é a substancia que se vai reducir a medida que vai diminuíndo o seu número de oxidación debido a captación de electróns vai cambiando a cor da disolución.


lunes, 6 de octubre de 2025

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

 


Hoxe, 6 de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato e de 2º FP Básica acompañados polas profesoras Luchy Mouzo e Begoña Raña, fixeron unha saída didáctica ao Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).

Un dos obxectivos desta visita é descubrir as diferentes fontes de enerxía renovables e non renovables dispoñibles (nuclear, eólica, solar, hidráulica, térmica xa sexa con combustible de carbón ou de gas natural) e promocionar e optimizar o uso deste tipo de fontes enerxéticas que posibilitarán un futuro sostible do Planeta.

Aprenderon como debemos optimizar os recursos que a diario conviven con nós: electricidade, calefacción, consumo de auga… Provócase a reflexión e defínese como conseguir un aforro sen variar o noso modo de actuar e unicamente tomando as decisións axeitadas nos momentos precisos.

As indicacións de como illar unha vivenda, a orientación, os tipos de calefacción, a elección dos electrodomésticos, canto consome cada electrodoméstico ou a elección das bombillas axeitadas, pros e contras, ademais de como reducir o consumo cunhas pautas moi sixelas e simples, fixeron a visita moi interesante.

Tamén lle propuxeron uns retos para elaborar circuitos eléctricos con paneis solares e remataron a visita desfrutando dun chocolate preparado cunha cociña solar.

Unha visita e experiencia que resultou moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado e durante a que se expuseron de maneira amena as fontes de enerxía, a aposta pola eficiencia, o aforro enerxético e a súa interrelación coa problemática ambiental.

miércoles, 1 de octubre de 2025

PRESENTACIÓN VÍDEOS PETISCOS DE CIENCIA 2025

 PRESENTACIÓN VÍDEOS PETISCOS DE CIENCIA 2025

 O profesorado dos diferentes departamentos: Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Informática dentro do Club de Ciencia 2025-26, presentaron uns vídeos sobre diferentes experimentos científicos para participar no concurso Petiscos de Ciencia. Nas seguintes entradas aparecerán publicadas os diferentes traballos que abranguen: ADN, reacción químicas (reacción camaleón e reacción do carbonato de calcio presente nun ovo), birrefrixencia, …

Foi unha actividade moi motivadora para o alumnado participante.