A CIENCIA É FEMININO
PODEMOS CONSTRUÍR DE XEITO SUSTENTABLE?
Co
motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,
a enxeñeira de Camiños, Canais e Portos e, investigadora do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación
e Enxeñería Civil (CITEEC ), Gemma López
Rojo, veu hoxe impartir unha conferencia ao alumnado de 1º de Bacharelato.
Comezou
a súa charla contando a súa experiencia persoal e lembrando os referentes
femininos que lle axudaron a chegar a onde está; a continuación centrouse no
seu campo de investigación: o mundo formigón e da construción sostible.
Sabiades
que o formigón é o material máis empregado no mundo despois da auga? Pois
si, de aí a importancia de realizar estudos para obter formigón de calidade que
non contamine. A científica explicou como crear formigóns seguros a través da
reciclaxe, entre outros, de construcións e demolicións, de determinados
residuos industriais, das caixas de poliespan nas que se transporta o peixe
fresco ou das cunchas de mexillóns -lembremos que Galicia produce unhas 250.000
toneladas ao ano-.
Á vez
que amosaba fotos dos distintos formigóns obtidos, sinalaba as diferentes
propiedades que presentaban segundo os compoñentes utilizados e, mesmo nos
sorprendeu cunha foto dunha pequena construción realizada con formigón que
contiña cunchas de mexillóns.
Como
sinalou a investigadora é necesario conseguir un xeito de vida sustentable,
aquel que permita cubrir as nosas necesidades sen prexudicar ás xeracións que
veñen atrás. Por iso hai que seguir investigando na procura de novos recursos reciclando
os residuos para seguir producindo nun sistema de economía circular.
Resultou
unha charla moi interesante, sorprendente, pedagóxica e que nos permitiu abrir
novos horizontes no proxecto de reciclaxe que estamos a desenvolver dende o
Club de Ciencia.