lunes, 27 de octubre de 2025

E-TÉXTIL

 ELABORACIÓN DUN BROCHE CON FORMA DE RUDOLPH CON LUZ


 Hoxe, 27 de outubro, o alumnado pertencente o Cub de Ciencia dos cursos de 1º, 2º ESO, participou nunha actividade que consiste na elaboración dun broche con forma de Rudolph con luz. Para poder elaborar este broche só necesitamos: feltro de cores, fíos de cores e condutor, agullas, imperdible, pilas e portapilas. Podedes observar nas imaxes o resultado obtido. 

 





Motor eléctrico

 MOTOR ELÉCTRICO


Hoxe, 27 de outubro, o alumnado pertencente o Cub de Ciencia dos cursos de 3º, 4º ESO e Bacharelato, participou nunha actividade que consiste na elaboración dun motor eléctrico. Para poder elaborar este motor só necesitamos: imán, soporte a medida feito coa impresora 3D, fío de cobre, pila e uns cables para rematar a conexión. Podedes observar nas imaxes o resultado obtido.

 




INAUGURACIÓN DO CLUB DE CIENCIA DO CURSO 2025-2026

 

BENVIDA AOS MEMBROS DO CLUB DE CIENCIA DO CURSO 2025-2026

Hoxe celebramos a inauguración do Club de Ciencia Baiociencia do IES Maximino Romero de Lema. Un ano máis tanto alumnado como profesorado participamos nesta reunión e gozamos dunha pequena festa na que se puido facer unha primeira toma de contacto para coñecermos todos os membros do club. Ao tempo que degustabamos uns pinchos, falabamos dos novos proxectos científicos a realizar durante este curso.












jueves, 23 de octubre de 2025

VISITA Á CASA GRANDE DE XANCEDA E O MUSEO DO MEL

 



O alumnado de 1º da ESO do noso centro realizou hoxe unha saída didáctica á Casa Grande de Xanceda e ao Museo do Mel O Enredo do Abelleiro, acompañados polas profesoras Begoña Raña e Marta Nantón.

A primeira parada foi na Casa Grande de Xanceda, onde puideron coñecer de preto o funcionamento dunha granxa ecolóxica e a súa historia. A granxa comezou cun rabaño de 20 vacas canadenses e na actualidade conta con máis de 300. Durante a visita percorreron as distintas instalacións, observaron o proceso de elaboración dos iogures e coñeceron aos animais da granxa.

Os rapaces e rapazas tiveron tamén a oportunidade de dar de comer a coellos, galiñas, cabras e ovellas, así como de ver uns simpáticos porcos vietnamitas que foran abandonados e agora viven alí. Ademais, deron biberóns aos becerros máis pequenos e simularon muxir vacas, o que resultou unha experiencia moi divertida. Para rematar, a granxa convidounos a unha merenda cos seus produtos ecolóxicos, onde puideron degustar os seus recoñecidos iogures, queixos, galletas e outros produtos… ¡todo estaba riquísimo!

A continuación, o grupo visitou o Museo do Mel – O Enredo do Abelleiro, onde aprenderon moitas curiosidades sobre o fascinante mundo das abellas. Descubriron, por exemplo, que as abellas obreiras viven entre 35 e 45 días, mentres que a raíña pode vivir ata 5 anos. Tamén puideron ver colmeas por dentro, coñecer o taller do mel e incluso probar mel directamente dun panal.

Estas visitas resultaron moi enriquecedoras e de grande interese educativo, xa que permiten ao alumnado aprender de forma práctica e amena sobre a natureza, os animais e a importancia da produción sostible.

miércoles, 15 de octubre de 2025

PETISCOS DE CIENCIA 2025

 O OVO SALTARÍN

 


Damián Fernández explícanos neste vídeo como se forma o ovo saltarín. A casca do ovo presenta carbonato de calcio que en presenza do ácido acético, presente no vinagre, reacciona formando acetato de calcio, auga e CO2 (que se desprende formando burbullas na disolución). Despois de que o ovo permaneza 24 horas no vinagre, a casca do ovo desaparece e as proteínas do ovo presentes na clara, debido o medio ácido, desnaturalízanse de xeito que se observa un cambio na súa natureza, volvéndose máis xelatinosa e con textura elástica.


PETISCOS DE CIENCIA 2025

BIRREFRIXENCIA


 María Nantón Pose e Irene Rodríguez explícanos neste vídeo unha propiedade que presenta o espato de Islandia, trátase da birrefrixencia ou dobre refracción. Esta propiedade óptica permite separar a luz incidente en dous feixes polarizados perpendiculares entre si. Esto ocorre porque este mineral presenta anisotropía.

PETISCOS DE CIENCIA 2025

 ADN Á VISTA

 


 
Laura Ferreiro e Leticia Vázquez explícanos como con materias sinxelos pódese observar a molécula de ADN.O ADN está presente no núcleo das células, pódese extraer o ADN da mucosa bucal. O xabón permite romper lípido e liberar o contido celular. Engadindo alcohol conséguese observar os fíos do ADN na interface alcohol-auga.


PETISCOS DE CIENCIA 2025

 REACCIÓN CAMALEÓN

 


Alicia Castiñeira e Olalla Suárez preséntannos a reacción camaleón. Esta reacción debe o seu nome a variedade de cores que se poden observar durante o transcurso da mesma. Tratase dunha reacción de óxidacción-redución. Na reacción interveñen o permanganato de potasio, a glicosa e o hidróxido de sodio. O manganeso é a substancia que se vai reducir a medida que vai diminuíndo o seu número de oxidación debido a captación de electróns vai cambiando a cor da disolución.


lunes, 6 de octubre de 2025

VISITA AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

 


Hoxe, 6 de outubro, o alumnado de 1º Bacharelato e de 2º FP Básica acompañados polas profesoras Luchy Mouzo e Begoña Raña, fixeron unha saída didáctica ao Parque Eólico Experimental de Sotavento en Xermade (Lugo).

Un dos obxectivos desta visita é descubrir as diferentes fontes de enerxía renovables e non renovables dispoñibles (nuclear, eólica, solar, hidráulica, térmica xa sexa con combustible de carbón ou de gas natural) e promocionar e optimizar o uso deste tipo de fontes enerxéticas que posibilitarán un futuro sostible do Planeta.

Aprenderon como debemos optimizar os recursos que a diario conviven con nós: electricidade, calefacción, consumo de auga… Provócase a reflexión e defínese como conseguir un aforro sen variar o noso modo de actuar e unicamente tomando as decisións axeitadas nos momentos precisos.

As indicacións de como illar unha vivenda, a orientación, os tipos de calefacción, a elección dos electrodomésticos, canto consome cada electrodoméstico ou a elección das bombillas axeitadas, pros e contras, ademais de como reducir o consumo cunhas pautas moi sixelas e simples, fixeron a visita moi interesante.

Tamén lle propuxeron uns retos para elaborar circuitos eléctricos con paneis solares e remataron a visita desfrutando dun chocolate preparado cunha cociña solar.

Unha visita e experiencia que resultou moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado e durante a que se expuseron de maneira amena as fontes de enerxía, a aposta pola eficiencia, o aforro enerxético e a súa interrelación coa problemática ambiental.

miércoles, 1 de octubre de 2025

PRESENTACIÓN VÍDEOS PETISCOS DE CIENCIA 2025

 PRESENTACIÓN VÍDEOS PETISCOS DE CIENCIA 2025

 O profesorado dos diferentes departamentos: Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Informática dentro do Club de Ciencia 2025-26, presentaron uns vídeos sobre diferentes experimentos científicos para participar no concurso Petiscos de Ciencia. Nas seguintes entradas aparecerán publicadas os diferentes traballos que abranguen: ADN, reacción químicas (reacción camaleón e reacción do carbonato de calcio presente nun ovo), birrefrixencia, …

Foi unha actividade moi motivadora para o alumnado participante.