Hoxe, 2 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 1º, 2º ESO, participou nunha actividade na que se lles propoñía deseñar unha casa para paxaros. Mediante o emprego dun programa informático, deseñaron as diferentes pezas que a constitúen. Despois de rematar o deseño procederon a elixir o material máis adecuado para a seu corte e montaxe. Coa cortadora láser e nunha lámina de madeira, cortáronse as pezas e posteriormente fóronse pegando ata rematar a montaxe. Pódese ver nas imaxes o proceso e o resultado final. O obxectivo da actividade é, unha vez rematada a casiña, colocala nunha árbore para observar se se produce nela o aniñamento dalgunha ave.
lunes, 2 de febrero de 2026
Fabricación dun electroscopio caseiro
Hoxe, 2 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia dos grupos de 3º e 4º ESO e bacharelato, participou nunha actividade relacionada coas cargas presentes na materia. Primeiro fíxose un recordatorio da composición da materia e observaron como diferentes prendas de roupa poden estar formadas por diferentes substancias (lá, poliéster e acrílico). Segundo se empregue un material ou outro pódese obter cargas de diferente signo, por exemplo fretándoas cun globo. Foi moi interesante observar como o fretar o globo cunha chaqueta de lá podía atraer o pelo ou incluso púidose separar a pementa do sal pola atracción que o globo xera sobre ela. Para rematar esta actividade elaborouse un electroscopio caseiro empregando materiais cotiás: frasco de vidro con tapa, arame, papel de aluminio e plastilina.
Na
actividade tamén puideron experimentar coa electricidade que se
almacena e transmite cun condensador caseiro para encender unha
lámpada.
.jpg)










