O
xoves 6 de marzo, Daniel Díaz, Claudia Lema, Desireé Vázquez e Miguel Vázquez,
alumnos e alumnas de 2º Bacharelato, participaron na Masterclass de Física de
Partículas organizada polo IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas
Enerxías).
As
actividades organizadas para esta xornada comezaron cunhas charlas, a primeira
de física de partículas e a segunda sobre os detectores empregados para
identificar as partículas elementais. Na primeira e dun xeito moi visual,
puidemos viaxar dende as partículas máis grandes como as galaxias ata as máis
pequenas que inclúen non só os átomos senón tamén as partículas subatómicas
como o protón, o electrón e o neutrón, incluíndo outras partículas elementais
como os quarks, os bosóns… Unha vez rematada a primeira charla puidemos afondar
sobre as partes que constitúen os detectores, en concreto o LHcB (Large hadron
Collider beauty). Empregando os aceleradores de partículas unido o detector
adecuado pódese identificar as partículas fundamentais. Mediante os datos de
carga e masa dos sinais obtidos co detector chegamos a distinguir entre:
electrón, fotón, Hadrón, muón ou neutrino.
Na
sesión práctica que se desenvolveu coa axuda dun ordenador conseguimos realizar
a identificación de mesón Dº e medida da vida media. Esta xornada foi moi
interesante xa que traballamos como verdadeiros científicos.
Para
rematar a xornada, compartimos os nosos datos con outros estudantes e
científicos a través dunha videoconferencia co CERN.