OBRADOIRO SOBRE A DIVERSIDADE DOS ARTRÓPODOS

O
último día da Semana Cultural, o alumnado de 1º ESO participou nun
obradoiro dedicado á diversidade dos artrópodos e impartido por
Miguel Santamarina.
Comezou
o biólogo e divulgador científico cunha introdución teórica na
que explicou que o termo “bicho” non ten ningún valor
científico; o que unha persoa pode considerar un “bicho” pode
ser, en realidade, un insecto, unha araña, un cangrexo ou outro tipo
de ser vivo. Aclarou que todos estes organismos pertencen ao grupo
dos artrópodos que teñen como principal característica a presenza
dun exoesqueleto articulado, é dicir, unha especie de esqueleto
externo que lles dá protección e soporte. Lembroulle ao alumnado a
clasificación dos artrópodos segundo o número de patas en catro
grandes grupos: insectos insectos (6), arácnidos (8), crustáceos(10
ou máis) e miriápodos (moitas patas repartidas ao longo do corpo
segmentado). O entomólogo subliñou a enorme importancia destes
seres vivos para o ser humano e para o equilibrio do planeta.
A
continuación chegou a parte emocionante do obradoiro na que puideron
tocar ou observar de preto diferentes exemplares destes animais,
comentando as curiosidades de cada un deles: cempés xigantes, un
cangrexo de terra, unha araña migala, un escorpión, unha vacaloura,
un insecto pau, un insecto folla, un saltón, unha vacaloura,
bolboretas xigantes...
Aprenderon
que a maioría deles son seres inofensivos e que, contrariamente ao
que moitas veces se pensa non representa unha ameaza para as persoas.
Iso axudou a que algúns lles perdesen o medo.
A
experiencia foi moi enriquecedora, e permitiu comprender mellor a
enorme variedade que existe dentro deste grupo, así como a súa
relevancia para o equilibrio natural. Seguro que a seguinte vez que
volvan ver un “bicho” na súa casa en vez de esmagalo, collerano
e botarano fóra para que poida seguir co seu papel ecolóxico!