miércoles, 27 de noviembre de 2024

RECICLAXE E COMPOSTAXE

 

XA TES A CHAVE?

Onte José Manuel Pena Nieto impartiu a charla Reciclaxe e compostaxe ao alumnado de 2º e 3º ESO. Comezou falando da reciclaxe dos residuos e de como podiamos evitar que estes tivesen un impacto negativo nas nosas vidas en particular e na do planeta en xeral. Explicou como se xestiona o lixo municipal e o seu proceso de reciclaxe nunha planta eficiente (Sogama). Subliñou a importancia da separación selectiva dos residuos nos fogares para un óptimo aproveitamento e repasou co alumnado o uso dos colectores de distintas cores.

Na segunda parte da exposición, o mestre composteiro centrouse no proceso da compostaxe e na súas vantaxes. Presentou o colector marrón que se poderá ver de agora en diante preto das nosas casas e que terá unha pechadura, cuxa chave posuirán as persoas que vertan nel restos de materia orgánica.  Para iso terán que apuntarse ao programa que botou a andar o Concello de Zas e dende alí entregarase, de xeito gratuíto, un caldeiro marrón de 10 litros, bolsas de compostaxe para os primeiros usos e a chave do colector.  Unha vez que os colectores marróns estean cheos levaranse a unha planta especializada de tratamento de residuos onde serán convertidos en compost para empregar como fertilizante natural. Tamén se pode solicitar, no caso de posuír unha finca de máis de 25 metros cadrados, un composteiro individual co que poderemos elaborar o noso propio compost. Que fácil resulta así colaborar no coidado do medio ambiente!

            Sexan benvidas estas iniciativas para conseguir un concello máis sostible e axudar a frear o cambio climático. 

lunes, 25 de noviembre de 2024

Segunda reunión Club Ciencia 1º Trimestre

 DECORACIÓN NAVIDEÑA CON RESINA EPOXI E PAPIROFLEXIA


Na segunda reunión do primeiro trimestre, celebrada o día 25 de novembro, o alumnado pertencente o Club de Ciencia dos cursos de 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato, puideron preparar unhas pezas navideñas empregando resina epoxi e papiroflexia. Unha vez mesturados os dous compostos (resina e o endurecedor) engadimos esa mestura os diferentes moldes, que se puideron decorar con pedra, purpurina ou cores diferentes, só precisan un pouco de creatividade e imaxinación para elaborar os colgantes, os pendentes ou os chaveiros. Unha vez vertida a mestura no molde deixaranse secar durante 24-48 horas. 


Segunda reunión Club Ciencia 1º Trimestre

 A CATALASA DA PATACA



Na reunión do Club de Ciencia do día 25 de novembro, o alumnado de 1º ESO traballou sobre a catálise enzimática, en concreto a acción catalítica da catalasa, un enzima presente na pataca, e a modificación da súa actividade segundo as condicións da reacción (temperatura e pH). Os enzimas son biocatalizadores que serven para acelerar procesos, son substancias de natureza proteica que catalizan reaccións químicas sempre que sean termodinámicamente favorables. Unha vez rematada a reacción química recupéranse sen alterarse. A catálise prodúcese mediante unha baixada na enerxía de activación da reacción. Sen embargo, son moi sensibles a cambios de pH e temperatura, pois perden a súa estrutura e xa non son capaces de realizar a catálise.

A catalasa acelera a reacción da disociación do peróxido de hidróxeno en auga e osíxeno.










Segunda reunión Club Ciencia 1º Trimestre

 REALIDADE AUMENTADA E INMERSIVA


O pasado 25 de novembro de 2024, dentro das actividades organizadas polo Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema, desenvolveuse a actividade “Realidade aumentada e inmersiva” na que participou o alumnado de 2º e 3º da ESO e na que aprenderon a traballar co metaverso de forma educativa, integrando vídeos e imaxes en 360º a un espazo virtual creado con FrameVR.

martes, 19 de noviembre de 2024

O UNIVERSO E A EXPLORACIÓN ESPACIAL

 

A MULLER QUE ILUMINA O UNIVERSO


Hoxe, 19 de novembro, o alumnado de 4º ESO escoitou a videoconferencia O universo e a exploración espacial impartida pola Dra en Astrofísica, Begoña Vila, enxeñeira xefe de sistemas no centro da NASA GSFC, e enmarcada nas conferencias organizadas por IGACIENCIA para conmemorar o XV Día da Ciencia en Galego. Begoña Vila comenzou falando sobre a súa traxectoria educativa por diversos países e cidades. A continuación meteuse de cheo no tema da observación do Universo subliñando o moito que avanzou desde as primeiras observacións co telescopio de Galileo Galilei. Agora sábese doutras galaxias, doutras estrelas e doutros planetas arredor delas, pero aínda hai unha moitos datos que descoñecemos: como se formaron as primeiras galaxias e estrelas e como evolucionaron para formar aquela na que vivimos?; como se formou un planeta como o noso e pode haber outro con auga e vida?; que pode ser a materia escura e a enerxía escura? A doutora falou dos novos telescopios espaciais como o Hubble ou o James Webb e os futuros como o Nancy Grace Roman e o Telescopio de Mundos Habitables que explorarán o noso Sistema solar e buscarán os datos que nos poidan axudar a atopar as respostas. Ao alumnado pareceulle moi interesante a charla, aínda que algúns deles comentaron que lles gustaban máis cando estas son presenciais, porque lles permitiría interactuar coa relatora de forma espontánea e eficiente.

viernes, 15 de noviembre de 2024

SEMANA DA CIENCIA

 EXTRACCIÓN DO ADN DA MUCOSA BUCAL


Hoxe, 15 de novembro, o Club de Ciencia continua achegando a ciencia a todo o alumnado coas actividades desenvolvidas no centro educativo. As alumnas Alicia e Nerea de 2º Bacharelato explicáronlles o resto do alumnado como extraer ADN da mucosa bucal. Para iso, precisamos unha bebida isotónica para enxuagar a boca. Posteriormente, engádeselle un pouco de líquido lavalouzas e mesturase cunha variña de vidro. Durante esta etapa, rómpense as membranas celulares e nucleares o mesmo tempo que o sal prevén a precipitación das proteínas e evita a destrúcción do ADN. Engádeselle posteriormente un pouco de alcohol frío. As moléculas de ADN quedarán retidas na interfase entre os dous líquidos (alcohol-auga). 










jueves, 14 de noviembre de 2024

QUE É ISO DA FÍSICA DE PARTÍCULAS

 

No Club de Ciencia seguimos celebrando o Mes da Ciencia en Galego 2024 con numerosas actividades. Unha delas desenvolveuse hoxe xoves cando veu visitarnos dende o IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) José Iván Cambón para impartir unha charla divulgativa Que é iso da física de partículas ao alumnado de 1º BACH

               Dun xeito moi visual, puidemos viaxar dende as partículas máis grandes como as galaxias ata as máis pequenas que inclúen non só os átomos senón tamén as partículas subatómicas como o protón, o electrón e o neutrón, incluíndo outras partículas como os quarks, os bosóns… Durante a explicación afondou sobre as diferentes partículas subatómicas que se poden atopar así como do concepto da materia e da antimateria.

A física de partículas busca respostas relacionadas cos elementos esenciais que constitúen o universo así como das forzas fundamentais que as gobernan: a electromagnética, a nuclear débil, a nuclear forte e a gravitatoria. Para o cal precisa instrumentos moi grandes e complexos como os aceleradores de partículas e os detectores (como son o CMS, o ATLAS, o ALICE ou o LHcB). No CERN dispoñen do gran colisionar de hadróns ou LHC que é o acelerador de partículas máis potente do mundo.

 

A RECICLAXE EMPEZA NO PROPIO FOGAR

                                  O alumnado de 1º ESO, tamén está a celebrar o Mes da Ciencia en Galego, por iso hoxe visitou ao Complexo Ambiental de Cerceda que constitúe o epicentro da actividade da empresa pública Sogama. Para comezar recibiron unha sesión informativa e formativa sobre a actividade que alí se realiza: tratamento dos residuos (bolsa amarela e bolsa negra) complementada coa Recuperación enerxética da parte non reciclable. 

     Puxeron a proba o coñecemento de nenos e nenas do uso dos colectores de diferentes cores, e para poñelo en práctica tiraron parte do lixo que xeraran na súa merenda en diferentes caldeiros. Tamén xogaron por quendas con máquinas Arcade para desenvolver habilidades na separación de residuos. Despois, equipados con lentes de realidade virtual, visualizaron un vídeo inmersivo 360º das instalacións que conforman o Complexo Medioambiental.     

    Finalmente, como non se pode acceder ao Complexo a pé por motivos de seguridade, fixeron unha visita guiada en autobús na que se repasou  a funcionalidade de cada instalación. Pechouse a visita coa aclaración de dúbidas e coa entrega dun pequeno obsequio de lembranza para cada alumno/a.

Despedíronse satisfeitos porque foi unha visita moi dinámica na que a interacción e participación activa dos e das asistentes foi fundamental.  Desexamos que se lograra reforzar a idea da importancia da separación de residuos dende o mesmo fogar para que despois en Sogama poidan ser máis eficientes na preparación de residuos listos para reciclar en distintas empresas.

SEMANA DA CIENCIA

 DESCUBRINDO A TENSIÓN SUPERFICIAL


Hoxe, xoves 14 de novembro, o Club de Ciencia segue a realiza actividades científicas co gallo de celebrar o Mes da Ciencia en Galego.

Nesa ocasión imos ver unha manifestación da tensión superficial nunha pompa de xabón. 

Para realizala práctica precisaremos dos seguintes materiais:

  • Auga con xabón
  • Catro palliñas de plástico (as biodegradables se acaban desfacendo coa auga).
  • Fío (o máis lixeiro posible, xa que irá sobre a burbulla)
  • Cubeta

Desenrolo:

  1. Enchemos a cubeta con auga e lle engadimos un tensioactivo (calquer deterxente para lavar mans ou loza). Remexemos ben.
  2. Conectamos as catro palliñas para que formen un cadrado/rectángulo.
  3. Atamos o fío e para que nos quede unha circunferencia. Lle recortamos as partes saíntes do nó.
  4. Sumerximos con coidado o cadrado na cubeta e o sacamos, vendo que se forma unha burbulla.
  5. Colocamos con moito coidado o fío enriba da burbulla, de forma que nos quede un oco que forma unha burbulla interior.
  6. Rompemos con coidado a burbulla interior ó fío e veremos coma se maximiza a superficie do fío formando unha circunferencia. por mor da tensión superficial.

Fundamento físico:

Cando rompemos a membrana interior ó fío desestabilizamos a burbulla. A membrana externa tentará minimizala súa superficie (minimizar a superficie implica minimizar a  enerxía, que é o que busca o líquido), para o que exercerá unha forza uniforme ó longo de toda a lonxitude do fío ata que a tensión interior sexa igual á tensión exterior. O fío adoitará a forma xeométrica que minimice a área da membrana externa en contacto co aire, sendo está unha circunferencia.






miércoles, 13 de noviembre de 2024

MUDANZAS DO CLIMA NO TEMPO XEOLÓXICO

O CLIMA MUDOU SEMPRE E SEGUIRÁ A MUDAR

Dentro das conferencias organizadas por IGACIENCIA neste XV Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 3º ESO e parte do de 4º puido escoitar a videoconferencia O cambiante planeta Terra impartida polo Catedrático de Xeografía Física Ad Honorem Augusto Pérez Alberti organizada pola Universidade de Vigo. Segundo o Catedrático o clima mudou sempre e seguirá a mudar. Outra cousa é o impacto humano que adquirira nos derradeiros séculos un papel fundamental nas mudanzas climáticas.

A cantidade de auga existente sempre é a mesma: o que muda é o seu estado: en xeo ou en auga líquido. Augusto Pérez Alberti centrouse en falar das mudanzas das que temos constancia ao longo do tempo xeolóxico; no Cenozoico, Cuaternario e no Holoceno e das pegadas que se poden ollar hoxe en día en Galicia.

Á rapazada gustoulle, aínda que recoñeceron que lles custaba máis seguir a charla do que sería  se fose de xeito presencial.